Vexo esta semana que comezaron as obras de construción das sendas peonís en Razamonde (Cenlle) na travesía da N-120
As obras comprendidas neste proxecto divídense en 5 bloques fundamentais:
- Traballos previos, demolicións e movemento de terras. - Firmes e pavimentos.
- Drenaxe da plataforma e das beirarrúas proxectadas.
- Sinalización e Defensa do conxunto do tramo, tanto vertical como horizontal, incluíndo a instalación de sistemas de contención onde resulten necesarios, así como as varandas no pontón e a solución ao tráfico durante a obra.
- Varios: limpeza de beirarrúas con auga a presión, posta a cota de tapas, e limpeza e terminación das obras.

Agardo que rematen e prazo estas obras de xeito que podamos dotar dunha maior seguridade viaria a Razamonde mellorando as marxes da estrada para o seu uso peonil, dado que na actualidade gran parte do tramo carece de beirarrúas ou o seu estado é deficiente.