miércoles, 30 de octubre de 2019

Eleccións Xerais 10N: Encontro coa asociación de venezolanos de Ourense


Os candidatos populares rematamos a xornada de hoxe cun encontro cos representantes da asociación de venezolanos máis importante de Galicia: Alma Llanera, xuntanza na que tamén participaron o coordinador de Acción Exterior do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente local do PP na cidade, Jesús Vázquez.


A comunidade migrante máis numerosa de cantas residen en Ourense é, precisamente, a venezolana. Máis de 10.000 emigrantes retornados de Venezuela residen na provincia, recalando máis da metade dos mesmos na cidade.

Os candidatos subliñamos que a provincia de Ourense non só a constrúen os ourensán que residen aquí, senón que tamén se fixo co enorme esforzo de todos os que tiveron que marchar, razón máis que suficiente para que o Partido Popular teña sempre un espazo e iniciativas para responder ás necesidades da emigración.


Tanto os candidatos como o responsable de emigración do PP de Galicia escoitaron as demandas dos presentes e responderon ás súas dúbidas, detallando as medidas que o PP inclúe no seu programa, como a reforma da lei electoral (LOREG) para facilitar  a participación dos españois no exterior nas eleccións, unha estratexia de coordinación entre administracións para un mellor apoio aos emigrantes, o recoñecemenmto da nacionalidade española para fillos e netos de emigrantes e a homologación de titulacións, co obxextivo de eliminar obstáculos na equiparación e fomentar unha migración altamente cualificada.