lunes, 28 de octubre de 2019

Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP demandan ao Goberno o remate do proxecto de paso inferior e enlace na N-525, no cruce de Ribela


Finalmente esta mañá os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández, estivemos en Ribela, no Concello de Coles e ao caron da N-525, acompañados polo voceiro do PP neste Concello, Luis Antonio Iglesias Fernández, analizamos as obras realizadas neste punto da estrada, lembrando que a finais de novembro de 2016 remataran as obras de rehabilitación do firme, incluíndo a sinalización e balizamento, mellorando notablemente a  seguridade na N-525 ao seu paso polo municipio de Coles, cando antes era un tramo de alta concentración de accidentes.

Malia todo, os veciños de Ribela e  Sobral consideran que a seguridade estará máis garantida cando se constrúa un paso inferior e unha ligazón en Ribela.

Os deputados populares no Congreso Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce  xa preguntaran en maio ao Goberno sobre as previsións de Fomento para ter concluída a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela, a construción dunha ligazón e a reordenación de accesos neste punto da N-525. En xullo de 2019, o Goberno respondeu que “está en fase de redacción e o seu trazado deberá someterse a Información Pública. Unha vez sometida a Información Pública e aprobado o proxecto de trazado se  iniciará a redacción do proxecto de construcción”.

Os candidatos criticamos que a data de hoxe Fomento aínda non cumprira o comprometido, e xa pasou tempo dabondo desde que en marzo de 2017 fora dada polo Ministerio a orde de estudio previa a redacción deste proxecto. Nos orzamentos 2018, elaborados polo Goberno do PP e agora prorrogados, existe unha partida de 0,500  M€ para este fin.

Consideramos que xa transcorreu tempo máis que suficiente para que o proxecto estivese redactado e por iso reclamamos novamente ao Ministerio a súa axilización.

https://m.youtube.com/watch?v=GNdp5YLepfM&time_continue=104