Finalmente esta mañá os
candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao
Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández, estivemos en Ribela, no Concello de Coles e ao
caron da N-525, acompañados polo voceiro do PP neste Concello, Luis Antonio Iglesias
Fernández, analizamos as obras realizadas neste punto da estrada, lembrando que
a finais de novembro de 2016 remataran as obras de rehabilitación do firme,
incluíndo a sinalización e balizamento, mellorando notablemente a seguridade
na N-525 ao seu paso polo municipio de Coles, cando antes era un tramo de alta
concentración de accidentes.
Malia todo, os veciños de Ribela
e Sobral consideran que a seguridade
estará máis garantida cando se constrúa un paso inferior e unha ligazón en Ribela.
Os deputados populares no
Congreso Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce xa preguntaran en
maio ao Goberno sobre as previsións de Fomento para ter concluída a redacción
do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela, a construción
dunha ligazón e a reordenación de accesos neste punto da N-525. En xullo de 2019,
o Goberno respondeu que “está en fase de redacción e o seu trazado deberá
someterse a Información Pública. Unha vez sometida a Información Pública e
aprobado o proxecto de trazado se iniciará a redacción do proxecto
de construcción”.
Os candidatos criticamos que a data de hoxe Fomento aínda non cumprira o comprometido, e xa pasou tempo
dabondo desde que en marzo de 2017 fora dada polo Ministerio a orde de estudio
previa a redacción deste proxecto. Nos orzamentos 2018, elaborados polo Goberno
do PP e agora prorrogados, existe unha partida de 0,500 M€ para este
fin.
Consideramos que
xa transcorreu tempo máis que suficiente para que o proxecto estivese redactado
e por iso reclamamos novamente ao Ministerio a súa axilización.
https://m.youtube.com/watch?v=GNdp5YLepfM&time_continue=104
https://m.youtube.com/watch?v=GNdp5YLepfM&time_continue=104