Hoxe durante un acto sectorial de industria en Oleiros, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, no que estivo acompañado do presidente nacional, Pablo Casado, avogou por cambiar de Executivo central para que as cousas tamén muden: “Un Goberno que só se deba aos españois e que teña a Galicia na consideración que merece”. E, para iso, asegurou que só hai unha vía: “Uníndonos no Partido Popular”, facendo fincapé en que España necesita recuperar a estabilidade.
Nese sentido, o número un dos populares galegos volveu incidir en que a división do voto, ademais de traer só a vitoria de quen quere dividir, entrega o Goberno ao desgoberno e o Senado a quen busca o pacto cos que fracturan por territorios.
UN GOBERNO CONTRA GALICIA
Tal e como aseverou o líder do PPdeG, o que está pasando en España -as cuartas eleccións xerais en catro anos, a inestabilidade do país, o freo na creación de emprego, a corrección á baixa das previsións de crecemento e a asfixia financeira á que se somete a Galicia-, non é casualidade, senón “causalidade”, sinalando ao PSOE como a causa.
Igualmente, remarcou que para os socialistas a nosa Autonomía nunca é unha prioridade e así o demostran coas súas decisións, que non fan máis que repercutir de maneira moi negativa no futuro dos traballadores galegos: “Pido que a nosa industria se preserve e que non se faga un desmantelamento industrial e enerxético de norte a sur da nosa Comunidade”, en referencia aos problemas aos que se están enfrontando Ence, Alcoa, Endesa e Reganosa, grandes afectadas polas decisións erráticas, as improvisacións e as discriminacións do Goberno do PSOE.
Neste senso, referiuse tamén aos Orzamentos Xerais, nos que se baixaba un 30% o investimento en Galicia para aumentalo un 60% noutros lugares, á ausencia de prazos e datas concretas para o AVE galego, a obras pendentes -como o enlace orbital de Santiago, a estación de tren da Coruña, a variante norte de Ourense ou tramos do Camiño de Santiago-, ao bloqueo da transferencia da AP-9 ou á falta de avances no estaleiro 4.0 para Navantia e de proxectos para o Ano Santo, ademais de lembrar as moitas escusas e contradicións nas que cae o Executivo central para non pagar a Galicia os 700 millóns que lle debe Hacienda.
O PARTIDO POPULAR FALA DE ESPAÑA
O presidente dos populares galegos resaltou que, a diferenza dos outros partidos que só falan de si mesmos, de siglas, candidatos, listas, coalicións, pactos ou de reparto de cargos, o Partido Popular fala do importante: do que está facendo España e do que vai facer para evitar unha nova crise.
E, para rematar, engadiu que, en Galicia, aínda que aos grupos da oposición lle moleste, o PPdeG tamén seguirá falando de España, porque lle importa e porque lle afecta á nosa Comunidade. Deste xeito, Feijóo precisou que, igual que o PPdeG non quere para Galicia nin o que pasa noutras Autonomías gobernadas polo extremismo nin a inestabilidade que hai no conxunto do Estado, quere para toda España a centralidade e estabilidade que hai aquí. “Galicia -subliñou- desminte que o que sucede en España non ten remedio e claro que o hai: o remedio é o Partido Popular”, sentenciou.
PABLO CASADO
El presidente nacional, Pablo Casado en su intervención dijo:
“Si el PP consigue un escaño más que el PSOE llegaremos a fórmulas de gobernabilidad con todos los partidos constitucionalistas”, afirma Casado
· Reclama “hacer más y hablar menos”, así como “menos quiebros de última hora, bandazos e intentos tácticos por mejorar una posición personal o de partido”
· Pregunta a los partidos que no quieren que gobierne Sánchez si están dispuestos a evitar que en provincias en las que tienen imposible conseguir representación, sus votos se conviertan en “restos” que se lleve el PSOE, Podemos o Bildu
· Se compromete en Galicia a que en 2030 el peso del sector industrial represente el 20% del PIB nacional, basando esta política en 5 elementos:
1. Un modelo industrial sostenible, comprometido con la transición ecológica y compatible con el desarrollo económico
2. Apoyo a la estabilidad financiera porque las inversiones a largo plazo requieren de un marco financiero estable
3. Unos costes energéticos competitivos.
4. Apoyo decidido a la industria 4.0
5. La educación como elemento clave para ser competitivos, con una FP que ayude a emprender y una apuesta por el bilingüismo y la materias tecnológicas
· Reivindica el empleo industrial como gran objetivo nacional y recalca que la industria es sinónimo de empleo de calidad, innovación, diseño, exportaciones e inversiones a largo plazo
· Asegura que “los gallegos merecen seguir teniendo al mejor presidente de su historia, Alberto Núñez Feijóo”.