Acompañados polo alcalde, o popular Gabriel Alén Castro, e outros concelleiros os candidatos ao Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, e ao Senado, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández, visitamos as localidades de Razamonde e Osmo.
A iniciativa xurdiu en o 10 de outubro de 2015, cando o alcalde de Cenlle , Gabriel Alén, expuso á ministra de Fomento, Ana Pastor, os problemas de seguridade vial que sufrían os veciños de Razamonde.
A ministra foi sensible a estas peticións e encargou a redacción dun estudo sobre as citadas sendas, que se materializou en 2016. A obra foi orzamentada en exercicios posteriores e a principios de 2018, o entón ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, anunciou a licitación da obra para o segundo semestre de 2018. Non obstante, trala moción censura e a chegada ao goberno de Pedro Sánchez, os deputados populares amosaron a súa inquedanza polo cumprimento dos prazos, polo que desenvolveron varias iniciativas para activar este proxecto que, finalmente, foi licitado o 17 de xaneiro deste ano e adxudicado o 30 de agosto por valor de 163.218,09 euros.

Con posterioridade, os candidatos populares trasladámonos á localidade de Osmo, declarada pola Xunta como “primeira aldea modelo de Galicia”, un proxecto que, segundo afirmamos, amosa que o desenvolvemento do rural segue presente na axenda política do PP e estará moi presente nas iniciativas dos representantes populares nas Cortes Xerais.
O proxecto de “aldea modelo” de Osmo implica actuacións de desbroce e limpeza en preto de 30 hectáreas para protexer aos veciños de posibles lumes forestais, favorecendo ao tempo a posta en marcha de actividades agrogandeiras para poñer en valor esta superficie.
Cenlle é un dos 226 concellos adheridos ao convenio coa Xunta e nos que se impulsará a posta en produción das terras mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros ou oliveiras, entre outros, etc. Na provincia ourensá xa están adheridos ao convenio máis do 80 % dos concellos (ata 78 municipios)