Este proxecto forma parte dun conxunto de actuacións relacionadas co cambio de electrificación, de 3 kV a 25 kV, no traxecto Monforte-Ourense, co que se conseguirá aumentar a fiabilidade, capacidade e competitividade do tramo.
As principais actuacións contempladas neste contrato son as seguintes:
Renovación dos motores de agulla para desvíos existentes en todas as estacións e aumento do número de motores en Barra de Miño, Os Peares, San Estevo do Sil e Canabal.
Substitución de sinais luminosos de focos incandescentes por outras de tipo LED.
Substitución de balizas ASFA por balizas ASFA Dixital.
Substitución de cableado de sinalización e telecomunicacións.
Tendido de novo cableado de fibra óptica para servizos exclusivos de Adif e dotación de equipos de rede IP nas estacións para a migración dos servizos ferroviarios.
Estes traballos enmárcanse nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte e Lugo, co obxectivo de optimizar as condicións de explotación.
Antecedentes:
Dito todo o anterior, lembro que o 7 de maio de 2018 celebrouse en Lugo unha importante reunión na que o entón Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, en presenza do presidente Alberto Núñez Feijóo, da alcaldesa de Lugo e doutras autoridades presentou as actuacións previstas para a conexión ferroviaria entre Ourense e Lugo.
Así daba conta neste Blog:
Nese acto o ministro explicou as actuacións a desenvolver. E entre elas a renovación da superestrutura de vía no trazado completo actual Ourense-Monforte de Lemos-Lugo. Naquel momento estaba o proxecto en redacción.
Celebro este novo acordo do Consello de Ministros que da continuidade o traballo iniciado na etapa de goberno do Partido Popular. A renovación da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, é unha auténtica necesidade e incidirá na comodidade e na velocidade dos percorridos, contribuindo ao incremento de viaxeiros e favorecendo a cohesión territorial da Galicia interior, e o acceso dos lucenses ás prestacións da LAV Madrid-Galicia.