Importante
reunión a que hoxe mantiveron en Santiago de Compostela o titular do Goberno galego,
Alberto Núñez Feijóo, eo alcalde do concello, Valentín González Formoso, no que
fronte á ruptura enerxética e ao peche abrupto da central térmica das Pontes, defenderon
hoxe unha transición enerxética xusta e ordenada que garanta a viabilidade da
central eo futuro da comarca e das 750 familias afectadas.
“O
que queremos hoxe é compartir esta preocupación”, dixo o presidente da Xunta,
tras a reunión co alcalde, incidindo en que o Goberno central e Endesa teñen
que garantir o funcionamento dunha planta que cumpre con toda a normativa e que
Europa non obriga a pechar.
Sobre
este punto, ambos trasladaron a necesidade de buscar outra materia prima que se
poida empregar na central para, paulatinamente, ir diminuíndo as toneladas de
carbón por outros combustibles e as necesidades das políticas fiscais. Ademais de demandar a
incorporación de Galicia aos fondos europeos que, a partir de 2021, estarán á
disposición dos países para reindustrializar aquelas zonas que se vexan
afectadas pola transición enerxética como sería o caso das Pontes.
Así
mesmo, e ante a suba do prezo da tonelada de emisión de CO 2 ,
ambos coincidiron na necesidade de que o Goberno central leve a cabo medidas
fiscais que permitan a baixada doutros impostos que gravan á central para que a
conta de resultados sexa viable e mentres se traballa na transición enerxética.
Ao
longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico pediu aplicar
a coherencia. “Trátase de ser coherente
cos compromisos en materia de descarbonización que ten España; cos compromisos de
emisións cero que ten a Comunidade no seu proxecto de cambio climático,
aprobado no Consello da Xunta o pasado xoves; co compromiso coas 750
familias; e co compromiso con Endesa que levou a cabo un
investimento de máis de 200 millóns de euros para que esta central cumprise
coas emisións de CO 2 que esixe a Unión Europea”, aseverou,
incidindo en que esta planta pode ser operativa 100% porque cumpre as ratios de
emisións de CO 2 .
Por
último, Feijóo e Valentín González abordaron tamén a necesidade da creación
dunha mesa técnica entre administracións ea empresa para validar o cambio de
modelo cara á transición enerxética.