Galicia e nomeadamente Ourense seguirán
a esixir o cumprimento dos prazos comprometidos para a chegada da alta
velocidade a Galicia, así como a licitación da variante exterior de Ourense,
imprescindible para dotar á comunidade dun medio de transporte competitivo de
altas prestacións. Así o reclamamos os candidatos ao Congreso e ao Senado pola
provincia de Ourense para as eleccions do 10 de novembro, durante a visita que
esta mañá realizamos a Taboadela, onde se está a traballar no ramal provisional
a Ourense e nun cambiador de ancho.
Ana Vázquez, Celso Delgado, Miguel
Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández, acompañados polo portavoz do PP
en Taboadela, Antonio Paz, expresamos a nosa preocupación polas recentes
manifestacións do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, nas que aprazaba
ao 2021 a entrada en funcionamento do AVE.
Os candidatos rexeitamos calquera
modificación das datas comprometidas, logo de que no último debate sobre o estado
da autonomía se aprobara unha resolución do grupo popular, co apoio de
socialistas e BNG, na que se pedía ao Goberno central o cumprimento dos prazos
comprometidos para a chegada do AVE a Galicia, de xeito que estea en probas
antes de que remate este ano e que en 2020 estea funcionando con todas as
garantías de seguridade e poidan mercarse billetes.
VARIANTE EXTERIOR.
Os candidatos tamén falamos do retraso
na licitación da denominada variante exterior ferroviaria, “un tramo
indispensable para completar a chegada da alta velocidade á cidade e cuxa construción
seguirá a esixir o PP”.
Na estación de Taboadela lembraron que
se están a executar as obras de construción do cambiador de ancho, adxudicadas
en novembro de 2018 por un importe de 5.131.669,87 euros, contrato que
inclúe a montaxe de vía no ramal de
conexión entre a LAV Madrid-Galicia e a
liña convencional Zamora-Ourense, así como os traballos de reordenación da
praia de vías na estación de Taboadela.
Una solución que permitirá a conexión
da liña de alta velocidade, ao final do tramo Ponte Ambía-Taboadela, coa liña
convencional Zamora-Ourense, para favorecer a continuidade das circulacións ata
a capital ourensá mentres se tramita e constrúe a denominada variante exterior.
Precisamente sobre esta variante, de
16,9 quilómetros, os candidatos lembramos as sucesivas iniciativas
desenvolvidas nas Cortes esixindo ao goberno socialista unha resposta sobre as
razóns polas que o pasado 1 de xullo non foron licitadas por ADIF-AV as obras
de plataforma da variante de Ourense, tal e como se anunciou no Diario Oficial
da Unión Europea do 7 de marzo.
Estes anuncios estimaban a licitación na citada data dos tramos da
plataforma Taboadela-túnel de Rante (88 millóns de euros), túnel de
Rante-Conexión
Amosamos ademais a nosa preocupación
polo tramo da variante de Ourense entre
Seixalbo e Ourense, que tampouco foi licitado, sinalando que aínda
agardaban explicacións sobre as medidas tomará ADIF-AV para evitar que a
Declaración de Impacto Ambiental (DIA) deste tramo, aprobada o 25 de novembro
de 2011 (BOE do 10 de decembro), perda vixencia como consecuencia de que aínda
non foron licitadas as obras, o que tería uns notables efectos negativos.
Finalmente os candidatos sinalamos que
non caben escusas de orde orzamentario para a licitación, xa que por prórroga
orzamentaria en 2019 están vixentes os Orzamentos Xerais do Estado de 2018,
elaborados polo goberno do PP, nos que ADIF-AV consignaba unha partida para
esta variante ferroviaria, dentro dun custo total de 635,56 millóns, fixando a
súa conclusión en 2024.
O pasado 31 de xullo, o Goberno
respondía a una iniciativa dos deputados ourensáns do PP dicindo que “se
traballaba coa previsión de aprobar os proxectos durante este ano 2019, o que
permitiría a licitación das obras".