Onte déronse cita na sede central do PPdeOU ás agrupacións locais dos 19
concellos que forman parte do Partido Xudicial de Ourense, dentro da
correspondente xunta electoral de zona, na primeira das reunións previstas para
os próximos días por toda a provincia
Un amplo programa de
encontros que, segundo destacou o secretario xeral dos populares ourensáns,
Rosendo Fernández, “ten como obxectivo movilizar toda a maquinaria do noso
partido para conseguir, por terceira vez nun ano, o maior apoio electoral na
provincia”.
Fernández recordou que unha
das principais características do PP ourensán é a súa constante actividade e
implicación de cargos, militantes e simpatizantes, “o que se traduce nunha
potente organización dos axentes electorais que agora só temos que impulsar”.
Á reunión de hoxe, a que asistín, foron
convocados os representantes populares nos concellos de Allariz, Amoeiro, Baños
de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de
Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas,
Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueia de Espadanedo, aos
que se detallaron os principais obxectivos marcados pola dirección provincial
para a próxima cita coas urnas.