Onte o Comité Electoral Nacional do Partido Popular, ratificou as candidaturas para ás eleccións xerais do 10 de novembro que estarán integradas polas mesmas persoas que concurriron ás xerais do 28 de abril agás algúns cambios nas suplencias.
Así, os candidatos son:
Así, os candidatos son:
CONGRESO
1.- Ana Belén Vázquez Blanco
2.- Celso Luis Delgado Arce
3.- Avelino García Ferradal
4.- María Belén Gómez Quevedo
Suplentes
María Antonia Rilo Veiga
Manuel Prado López
Diana Sulleiro Lema
Sara Isabel Hermida Álvarez
José Ángel Sampayo Fernández
SENADO
1.-
Miguel Ángel Viso Diéguez
2.-
María del Carmen Leyte Coello
3.-
Francisco José Fernández Pérez
Suplentes
1.-
María Cristina Francisco Vílchez
Joaquín Bautista Prieto Rodríguez
2.-
Susana Vázquez Dorado
José Luis Sousa López
3.-
Rogelio Martínez González
Pilar Monserrat Caride González
Agradezo moito ao PP de Ourense a proposta da miña candidatura e a ratificación pola dirección nacional. É unha gran honra ser candidato e aspirar a representar aos ourensáns no Congreso dos Deputados.
Aproveitamos onte para celebrar a para celebrar a primeira reunión do comité de campaña para planificar o
calendario de actos de precampaña que se desenvolverá ata o próximo 31 de
outubro, e que prevé unha intensa actividade ante a redución a oito días da
campaña ás eleccións xerais para o 10 de novembro.
Neste encontro, o presidente
provincial do PP, Manuel Baltar, pediu aos populares ourensáns “enerxía e
contundencia para seguir crecendo en apoio electoral, como ocorreu nas xerais
de abril e nas municiais de maio, e converter a Ourense en exemplo fronte a un
escenario político excepcional”.
Logo da reforma impulsada polo Partido
Popular e aprobada polo Congreso dos Deputados en outubro de 2016, a Lei Electoral
regula o proceso de repetición das eleccións no caso dunha investidura
fallida, como á de Pedro Sánchez, reducindo entre outros aspectos a duración
da campaña electoral, que pasa de quince a oito días de duración.
Sobre esta base, o Partido Popular de
Ourense fará un esforzo especial no periodo de precampaña, ata o día 31 de
outubro, pois segundo afirmou Manuel
Baltar, que encabeza o comité, “hoxe máis que nunca precisamos de todo o tempo
posible para seguir a trasladar á cidadanía tres importantes mensaxes: somos
unha forza de goberno, con demostrada capacidade de buscar pactos para dar
estabilidade e gobernos sólidos e cun único interese por encima de todo que é
Ourense”.
Un dos piares desta precampaña, así
como da propia campaña electoral, estará na cidade de Ourense, anunciou a
dirección provincial, polo que realizará un “esforzo extra” implicando aos
candidatos ao Congreso e ao Senado e aos deputados autonómicos en todas as
actividades previstas, ao tempo que membros do Comité de Campaña provincial
tamén se integrarán no comité da cidade.