Hoxe pola mañá os candidatos do
Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel
Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández- reivindicamos o impulso e
inicio de diferentes infraestruturas de comunicación de gran importancia para a
cidade e para a provincia, comezando pola variante norte de Ourense, que a 64
días de que remate o ano aínda non foi licitada.
VARIANTE NORTE DE OURENSE- EIRASVEDRAS-QUINTELA
En Quintela, os candidatos criticamos que a 64 días de que
remate o ano o Goberno central aínda non licitara as obras de construción da variante norte de Ourense, e moi
especialmente do subtramo Eirasvedras-Quintela, de un 1,7 quilómetros.
En xullo deste ano, logo dunha interpelación dos deputados Celso Delgado e Ana Vázquez, o
Goberno informou que o citado proxecto fora sometido á Auditoría de Seguridade
Viaria -despois de meses de longa espera- e tamén que o proxecto de construción
do tramo Eirasvedras e a N-120, no seu
punto qm. 573,800, ata a ligazón de Quintela, no seu pq. 572,000, fora
aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril cun orzamento de
licitación de 34,31 millóns de euros.
Unha esperada nova que se tiña que
producir no ano 2018, pero que foi deliberadamente adiada polos novos
responsables socialistas do Ministerio de Fomento, que interpelados de novo o
pasado 3 de xullo sobre as previsións de licitación respondían, sen comprometer
data algunha, que “tratándose dunha das actuacións prioritarias, procederase a
licitar as obras na medida que o permita a dispoñibilidade orzamentaria”.
Os candidatos rexeitamos calquera escusa
máis e lembraron de novo que nos
Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda
prorrogados- existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros
para licitar as obras deste tramo e, polo tanto, “existe claramente
disponibilidade orzamentaria e o único que é preciso e vontade política de
licitar”.
Engadimos tamén que o Goberno Central presentou
a principios deste ano un proxecto de orzamentos para 2019 –afortunadamente
rexeitados- no que para este tramo non existía consignación algunha, o que
provocou enormes protestas.
O Goberno ten a responsabilidade, e
tamén a capacidade, de impulsar unha das infraestruturas máis urxentes e
importantes para Ourense como é a variante norte, e polo tanto os candidatos consideramos un agravio esta demora, polo que esiximos que leve xa ao Consello de Ministros
este expediente e se liciten antes de rematar 2019 as obras do tramo
Eirasvedras-Quintela, deixando poñer condicionantes orzamentarios
inxustificados, “xa que un goberno en funcións non é un goberno sen
obligacións.
https://m.youtube.com/watch?v=GNdp5YLepfM&time_continue=104