martes, 29 de octubre de 2019

Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP toman contacto cos profesionais do sector veterinario


Onte os candidatos do Partido Popular ás Cortes Xerais para as eleccións do 10 de novembro pechamos a axenda de actividades de precampaña cun encontro celebrado pola tarde coa directiva do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense. 

Ana Vázquez e Celso Delgado, candidatos polo Congreso, e Carmen Leyte e Francisco Fernández polo Senado, escoitamos as demandas e necesidades formuladas polos representantes deste colectivo, entre as que figuran a redución do IVE nas consultas veterinarias, aspecto que sobre o que se comprometeron a estudar posibles iniciativas, así como o establecemento do carácter sanitario das clínicas.

Os candidatos subliñamos o importante labor destes profesionais, dos que máis de 250 están colexiados na provincia, encargados do control da sanidade animal e da seguridad alimentaria.