Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado mantiveron esta tarde un encontro coa directiva da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, presidida por José Antonio García, para coñecer polo miúdo un sector de crecente auxe no territorio galego e, nomeadamente, na provincia de Ourense.
Os representantes populares –Celso Delgado polo Congreso e Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández polo Senado- coincidiron en poñer en valor a este sector “como exemplo de dinamización do rural”. Unha afirmación avalada polo desenvolvemento dunha actividade que nos últimos cinco anos non deixoude medrar ata alcanzar as 145 hectáreas plantadas, 150.000 oliveiras e 150 asociados, dos que a metade corresponden á provincia de Ourense.
Os candidatos amosaron a seu apoio aos produtores para dar un novo pulo á tradición oliveira que xa existía en Galicia e consolidar unha produción, de características únicas grazas ás variedades autóctonas, que aspira a conseguir o selo de Indicación Xeográfica Protexida.
Un sector, lembraron os candidatos, que tamén pode beneficiarse das iniciativas desenvolvidas polo Goberno galego no ámbito agrario, como o mantemento dos fondos europeos na PAC que permitirá poñer no rural de Galicia axudas por un importe anual de 340 millóns de euros (2.380 millóns nos próximos sete anos); as novas leis para mellorar as potencialidades do agro (mellora da estrutura agraria, montes e mobilidade de terras); a redución de impostos (“cero” euros pola transmisión de fincas ou a adquisición dunha vivenda no rural); as axudas para a incorporación dos mozos á actividade agraria (3.500 mozos nos últimos dez anos cun total de 94 millóns de euros en axudas); ou o apoio á tranformación e comercialización de produtos agrarios, a aposta pola reestruturación parcelaria e maila mellora da calidade de vida no rural.
Apag (Asociación de produtores de aceite e aceituna de Galicia), unha asociación sen animo de lucro fundada en febreiro do 2015.
Ten como propósito principal, agrupar a produtores tanto de olivas como de aceite das catro provincias galegas. En APAG teñen cabida tanto particulares como empresas que queiran unirse a outros nas mesmas condicións e compartir experiencias e coñecementos sobre a olivicultura en Galicia.
Así mesmo desde APAG, estase a asesorar: desde as posibles plantacións (cales serían os primeiros pasos a seguir, para ter éxito na inversión), pasando polo coidado das plantacións existentes (buscando cursos, e información), hasta a a salida final do producto buscando as condicións máis ventaxosas para os nosos asociados, negociando con todas as empresas interesadas (que xa son moitas)