Os ourensáns, en particular os habitantes das zonas rurais máis despoboadas, terán garantido un mellor servizo farmacéutico grazas á nova lei de farmacia, aprobada polo Parlamento galego no pasado mes de xuño, cunha nova normativa “máis acorde coa actual realidade e que responde ás necesidades e demandas dos usuarios e profesionais”.
Así o destacamos os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez, Celso Delgado e Avelino García- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández- durante o encontro que esta tarde mantivemos coa directiva do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, co seu presidente á fronte, Santiago Leis. Unha xuntanza na que tamén trasladamos a postura do PP respecto doutros temas de gran importancia, como a farmacia comunitaria para responder ao envelllecemento da poboación, a cronicidade ou a dependencia, ou o posicionamento en contra da subasta de medicamentos ou a necesaria modificación dos prezos de referencia, sistema de subastas e de prezos que non beneficia nin aos pacientes nin aos profesionais provocando, ademais, moitos problemas de abastecemento.
Trala modificación da antiga normativa, que non sufrira cambio algún desde a súa aprobación en 1999 e non respondía as actuais circusntancias tecnolóxicas e demográficas, o novo texto, destacamos os candidatos, dota ao sector farmacético dunha regulación acorde aos tempos e ofrece solucións ás demandas e necesidades deste colectivo de profesionais e dos usuarios.
Os candidatos populares repasamos neste encontro algunhas das medidas específicas que establece a nova lei, como a modificación do cálculo das oficinas de farmacia necesarias por módulo de poboación, garantindo un número acorde coas características xeográficas, a accesibilidade da poboación á prestación farmacética, mesmo coa posibilidade de entrega domiciliaria de medicamentos, ou a apertura de boticas anexas en lugares e parroquias onde non se poda abrir unha farmacia ou con difícil comunicación coa máis próxima.