martes, 1 de octubre de 2019

Sometido a información pública proxecto básico da subestación eléctrica de tracción de As Portas e da liña de alta tensión Conso- As Portas


O pasado 20 de marzo publicaba a Resolución do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, pola que se formulaba declaración de impacto ambiental do proxecto Liña de alta tensión entre as subestacións de Conso (REE) e As Portas (ADIF), Ourense.

https://www.boe.es/boe/dias/2018/03/20/pdfs/BOE-A-2018-3931.pdf

No mes de maio preguntábamos os deputados do PP no Congreso ¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?

E o Goberno o 31 de xullo de 2019 contestaba: “En relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia subestación de tracción de ADIF.

Pois ben, hoxe o BOE publica o Anuncio de ADIF-ALTA VELOCIDADE polo que se somete a información pública, a efectos de declaración da necesidade de ocupación, o "Proxecto básico da subestación eléctrica de tracción das Portas e da liña eléctrica de alta tensión desde a subestación eléctrica de Conso de REE ata a subestación eléctrica de tracción das Portas de  Adif-Alta Velocidade".


Di este anuncio que en cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), ábrese un período de información pública de quince días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia (todos no Termo Municipal de Vilariño de Conso) , co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.

O proxecto consiste na instalación dunha liña de alta tensión (LAT) que formará parte do sistema de electrificación da plataforma de Alta Velocidade Madrid-Galicia, no tramo Pedralba de la Pradería-Ourense, unindo a subestación de Rede Eléctrica de España (REE) de Conso, situada no termo municipal de Vilariño de Conso, e a nova subestación de As Portas, a cal se proxecta nas inmediacións da estación de ferrocarril de Vilariño de Conso-A Capela, na poboación de Venda de Capela.

O trazado atravesa os termos municipais da Gudiña, Vilariño de Conso e Viana de Bolo, todos eles pertencentes á Comarca de Viana, na provincia de Ourense. A liña proxéctase a dobre circuíto, cunha lonxitude de 13,06 km sobre 34 apoios cunha altura útil de 36,3 m sobre o chan. O tendido discorre paralelo en todo o seu percorrido ao límite da ZEC do Macizo Central, sen entrar nel. O cruzamento sobre o río Camba, augas abaixo da presa de As Portas, realízase en perpendicular para minimizar o van, que resulta dun 500 m. O trazado é sensiblemente paralelo á estrada de Cabezo a Marmoiral e discorre afastada de núcleos habitados.


A nova subestación de As Portas situarase contigua á plataforma das vías do tren e proxéctase cunhas dimensións de 75 m x 50 m, aproximadamente, cercada por un valo metálico de 2,20 m de altura apoiada sobre un murete de 30 cm de altura sobre a rasante.

A súa alimentación prevese a partir da subestación existente de Rede Eléctrica situada en Vilariño de Conso, Ourense, a 325 m da poboación. Trátase dunha subestación de 220 kV con espazo suficiente para realizar unha ampliación de rúas que permita dar servizo a ADIF.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta