O pasado 20 de
marzo publicaba a Resolución do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de
Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, pola que se formulaba declaración
de impacto ambiental do proxecto Liña de alta tensión entre as subestacións de
Conso (REE) e As Portas (ADIF), Ourense.
https://www.boe.es/boe/dias/2018/03/20/pdfs/BOE-A-2018-3931.pdf
No mes de maio preguntábamos os
deputados do PP no Congreso ¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018
en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción
de As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por
ADIF-Alta Velocidade?
E o Goberno o 31
de xullo de 2019 contestaba: “En
relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a
redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia subestación
de tracción de ADIF.
Pois ben, hoxe o BOE publica o
Anuncio de ADIF-ALTA VELOCIDADE polo que se somete a información pública, a
efectos de declaración da necesidade de ocupación, o "Proxecto básico da
subestación eléctrica de tracción das Portas e da liña eléctrica de alta
tensión desde a subestación eléctrica de Conso de REE ata a subestación
eléctrica de tracción das Portas de
Adif-Alta Velocidade".
Di este anuncio
que en cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16
de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26
de abril de 1957), ábrese un período de información pública de quince días
hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín
Oficial do Estado, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución
das obras definidas no proxecto de referencia (todos no Termo Municipal de Vilariño
de Conso) , co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os
datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste
anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.
O proxecto
consiste na instalación dunha liña de alta tensión (LAT) que formará
parte do sistema de electrificación da plataforma de Alta Velocidade
Madrid-Galicia, no tramo Pedralba de la Pradería-Ourense, unindo a subestación
de Rede Eléctrica de España (REE) de Conso, situada no termo municipal de
Vilariño de Conso, e a nova subestación de As Portas, a cal se proxecta nas
inmediacións da estación de ferrocarril de Vilariño de Conso-A Capela, na
poboación de Venda de Capela.
A nova subestación de As Portas situarase contigua á plataforma das vías do tren e proxéctase cunhas dimensións de 75 m x 50 m, aproximadamente, cercada por un valo metálico de 2,20 m de altura apoiada sobre un murete de 30 cm de altura sobre a rasante.
A súa alimentación prevese a partir da subestación existente de Rede Eléctrica situada en Vilariño de Conso, Ourense, a 325 m da poboación. Trátase dunha subestación de 220 kV con espazo suficiente para realizar unha ampliación de rúas que permita dar servizo a ADIF.