Despois da visita de hoxe a Lobios, tiven a oportunidade de ver no concello de Bande a igrexa máis antiga de Galicia, a de Santa Comba, na boa compañía da deputada banduense Ana Vázquez, do seu alcalde José Antonio Armada e ademáis de Carmen Leyte, candidata ao senado e veciña do cercano concello de Cartelle.
A finais do sigo VII os visigodos deixáronnos esta xoia que foi o primeiro edificio da provincia de Ourense declarado monumento nacional no ano 1921.
Atópase na aldea de Santa Comba na estrada N-540 de Ourense a Portugal a 10km de Bande e a 1km de Porto Quintela.
Asentada sobre un antigo mosteiro, a súa fundación data do século VII aínda que sufriu varias reformas ao longo dos séculos, a máis importante no s. IX.
No seu interior garda un antigo sepulcro de mármore branco, onde se conta que estivo o corpo de San Trocado, un dos primeiros discípulos do Apóstolo Santiago, antes de ser trasladado o mosteiro de Celanova.
Edificio composto por catro bóvedas de canón peraltadas que se cruzan e no medio unha bóveda de arestas, todas elas en ladrillo lembrando ao mundo romano.
Destaca a ábsida á cabeceira pola súa forma: plano ao exterior e non semicircular, a ela accédese a través dun arco de ferradura visigodo sostido por dúas parellas de columnas con capiteis de estilos diferentes.
A ábsida conserva pinturas da segunda metade do século XVI, restauradas no ano 2003, nas que se representan varias escenas relixiosas e presidindo a igrexa, a estatua barroca en madeira policromada de S. Trocado.
No interior da igrexa consérvanse un gran número de vestixios romanos.
Ademais puiden admirar desde alí a vista no horizonte dos Picos de Fontefría (1.422 metros) no veciño concello de Muiños, lindando con Portugal.
Recomendo a todos visitar este magnífico monumento e por suposto tamén o cercano campamento militar romano Aquis Querquennis, en Porto Quintela.
Bande ten moito que ofrecer ao visitante.