Con ocasión da visita que esta tarde
fixemos ao Concello de Porqueira, tivemos a oportunidade de visitar
a Torre da Forxa, unha Fortaleza
defensiva construída nos séculos XI
e XII como defensa de Galicia nas súas
loitas entre Alfonso Henríquez de
Portugal e Alfonso VII de Galicia.
Este último cedeuna ao bispado de Ourense en
1157, o cal estableceu nela un mosteiro de frades jerónimos.
No século
XIV foi ocupada polo duque de
Lancaster e pouco despois asaltada polos
Irmandiños.
Levántase no centro dunha plataforma correspondente a unha
fortificación moito máis complexa da que só queda un muralla arrasada.
A súa
planta é cuadrangular (9.30 x 9.30) cunha boa cantería, porta con arco ojival e
mensulas decoradas.
Ao estar situada a só 5 km da Torre de Celme (permitía controlar todo o val no seu camiño pola antiga Vía Nova romana, vixiando a fronteira portuguesa.
Esta magnífica Torre, con impresionantes
vistas, constitúe, xunto coas fervenzas do río Fírveda, un dos atractivos turísticos deste
municipio da comarca da Limia.
Recomendo a súa visita, como ao resto do Concello, con grandes atractivos.