martes, 5 de noviembre de 2019

En outubro medra a afiliación á Seguridade Social

A afiliación media á Seguridade Social no conxunto de España alcanzou os 19.429.993 traballadores en outubro, o que supón 106.541 persoas máis que en setembro (0,55%). É o segundo maior incremento da serie histórica nese mes, só superado polo de outubro de 2018.

O Sistema contabilizou de media 436.920 afiliados máis que hai un ano, unha alza do 2,30%. O Réxime Xeral, pola súa banda, tivo un mellor comportamento, crecendo ata o 2,71%. Isto supón 424.193 afiliados máis que en 2018.

Cabe destacar que o número de mulleres afiliadas experimentou un crecemento do 2,85% no último ano, ata situarse por encima dos 9 millóns de ocupadas (9.049.984). Trátase do segundo maior valor absoluto de mulleres ocupadas, só superado polo de xuño deste ano. Pola súa banda, o conxunto de afiliados homes, que ascendeu a 10.380.009, creceu un 1,83%.

En termos  desestacionalizados o comportamento da afiliación tamén foi favorable durante o pasado mes de outubro, cun crecemento de 56.194 persoas ocupadas, o maior aumento no que vai de ano. A media de persoas afiliadas alcanzou, sen o compoñente estacional, os 19.390.668 traballadores.

Evolución  intermensual

Respecto ao mes de setembro, o Sistema computou 106.541 persoas afiliadas máis (0,55%), ata alcanzar a maior cifra de afiliados nun mes de outubro, 19.429.993. O Réxime Xeral sumou 102.878 persoas afiliadas, cun incremento do 0,64%, ata alcanzar os 16.090.647 traballadores. En outubro, a afiliación creceu en termos absolutos en Educación en 151.087 traballadores, unha cifra moi similar á de anos anteriores. Tamén creceu en Administración Pública e Defensa; Seguridade Social obrigatoria (16.939); Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento (16.520) e Construción (12.923).

Doutra banda, a afiliación diminuíu en Hostalería (-60.638); Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (-35.951); e Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (-19.323).

En canto ao Sistema Especial de traballadores por conta allea Agrarios, finalizou o mes con 10.242 afiliados medios máis (1,4%), e situouse en 740.176 ocupados. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Hogar contabilizou 1.037 afiliados máis (0,26%) e rexistrou 396.741 traballadores de media.

O Réxime de Autónomos contabilizou en outubro 3.271.976 afiliados tras sumar 5.718 novos traballadores no último mes.O Réxime Especial do Mar rexistrou 2.034 persoas afiliadas menos(-2,99%) ata situarse en 66.040. Finalmente, o Réxime Especial do Carbón contou con 21 ocupados menos, ata os 1.330 afiliados medios.

Por comunidades autónomas, o maior incremento no número de afiliados rexistrouse na Comunidade Valenciana (2,05%), seguida de País Vasco (1,73%) e A Rioxa (1,43%). O maior descenso produciuse en Illas Baleares (-6,82%), seguida de Castela-A Mancha (-0,74%) e Estremadura (-0,68%).

Crecemento interanual

En termos interanuais, o Sistema gañou 436.920 afiliados, o que supón un 2,30% máis que en outubro de 2018. Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que suma por si só 424.193 traballadores (2,71%). O crecemento alcanza o 3,18% (461.446 afiliados máis) se falamos do Réxime Xeral sen ter en conta os sistemas especiais Agrario  por conta allea e do Hogar.

Tamén aumentou o número de afiliados do Réxime Especial de Traballadores Autónomos, que sumou 13.364 persoas ocupadas respecto ao mesmo mes de hai un ano. A taxa interanual situouse en outubro no 0,41%.

O Réxime do Mar sumou un 0,2% (133 persoas). O Réxime especial do Carbón contabilizou un descenso de 771 afiliados (-36,71%).

A afiliación aumentou en todas as comunidades autónomas no último ano. Neste sentido, destacan os crecementos da Región de Murcia (3,39%), Madrid (3,18%) e Andalucía (2,81%).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado outubro en 1.027.450 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 2.097 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (-0,20 %).   

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un incremento de
 14.252 ocupados, (1,41 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou outubro con 795.695  afiliados medios, o Réxime de Autonomos con 210.070 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.685 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado outubro  en 103.983 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 586 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,56 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 930 ocupados, (0,90 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou outubro con 80.328 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.655 afiliados medios. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta