sábado, 2 de noviembre de 2019

Eleccións Xerais 10N: En Ourense, O Carballiño e Beiro



Comité de Campaña
Onte comezamos a xornada coa reunión ás 10,00 horas do Comité de Campaña  na sede provincial. 

Logo mantivemos alí mesmo unha reunión cunha representación de Novas Xeracións do PP,  intercambiando propostas e reflexións sobre como apoiar desde a administración central as  demandas dos mozos.  


Emprego, formación, vivenda, igualdade e medio ambiente foron algúns dos temas abordados.
Con NN.XX.

Finalizada esta reunión a maior parte dos meus compañeiros de candidatura foron a Allariz onde había feira. 

No meu caso acompañado por Jesús Vázquez e outros militantes da capital, estivemos na Praza de abastos, facendo campaña e tomando contacto con placeiros e consumidores.

A continuación viaxei ao Carballiño para asistir a un mitin-Xantar no que interveu Argimiro  Marnotes, Miguel Viso, Ana Vázquez, Manuel Baltar e Alberto Núñez.

O presidente provincial dixo que o Partido Popular é útil en todas partes, pero neste caso é máis necesario que nunca porque urxe unha solución e un goberno para España” e  insistiu en que compre unha solución política “para a que temos a ferramenta máis útil da democracia, que é depositar a papeleta do Partido Popular nas urnas”. Os populares, afirmou, “temos que dar como sempre o facemos unha lección de responsabilidade e conseguir de novo que sexamos a formación con maior apoio electoral, para contribuír a unha gran maioría nas Cortes Xerais”. O PP ourensán sabe traballar para conseguir os seus obxectivos, dixo Baltar, “é a mostra está nas municipais, onde os vosos votos serviron para gobernar na Deputación, no Concello de Ourense e noutros 60 concellos de toda a provincia”.

“Agora queremos repetir os tres senadores conseguidos en abril e os tres deputados no Congreso das xerais de xuño de 2016”, afirmou o presidente provincial, “e iso conseguirémolo cos máis de 90.000 votos que sempre tivemos, e alcanzaremos ese obxectivo se cada un dos nosos 30.000 afiliados convencen a dúas persoas e recuperamos os votos daqueles que en abril escolleron outras opcións, porque a división do voto só 
serve para que a esquerda de Sánchez nos impida gobernar”.

En O Carballiño




Pola tarde estivemos en Beiro, nunha reunión con veciños onde puidemos explicar o noso programa electoral.


En Beiro