Hoxe 10 de novembro
de 2019 celébranse as décimo quintas eleccións a Cortes Xerais en España e
37.000.608 electores están convocados ás urnas para elixir a 350 deputados e
208 senadores. Deles, 34.872.049 residen en España e 2.128.559 no Estranxeiro.
A votación
desenvólvese nas 59.538 mesas electorais instaladas nos 22.867 locais
electorais. Dos residentes en España, hai 226.771 novos electores desde as
Eleccións Xerais do 28 de abril de 2019 e 100.000 son persoas con discapacidade
intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, en virtude da
reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.
Destes novos
electores, 1.157.196 son cidadáns que cumpriron 18 anos desde a anterior
convocatoria, celebrada o 26 de xuño de 2016, e 100.000 son persoas con
discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, en
virtude da reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.
Para o
desenvolvemento da xornada electoral do domingo 10 de novembro, están dispostas 211.000 urnas e 58.000
cabinas de votación nos locais electorais. Ademais, 400 millóns de papeletas,
68 millóns de sobres e 905.000 manuais de instrucións para os membros de mesas.
A seguridade
durante o desenvolvemento da xornada electoral está garantida por máis de
92.000 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, incluíndo Policía
Nacional, Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e servizos de
emerxencia, e Protección Civil.
O orzamento
para as Eleccións Xerais do 10 de novembro de 2019 ascende a 135,8 millóns de
euros.
Ás 10 horas votei no meu colexio electoral sito no CEIP Curros Enríquez.