Asisto esta tarde en Santiago de Compostela ao Comité de Dirección do PP de G, presidido por Alberto Núñez Feijóo.
Unha reunión na que foron analizados os resultados do pasado domingo que valoraramos como satisfactorios pois cumprimos boa parte dos obxectivos que nos marcamos, pois melloramos os resultados de abril, ao subir en 19.000 votos e en 4,5 puntos.
E logrouse que o PPdeG volvese ser a lista máis votada e obtivo a maioría absoluta de representantes entre as dúas Cámaras porque, de 39 escanos a escoller na comunidade, obtivemos 21 actas entre deputados e senadores -sumamos un deputado e tres senadores máis que en abril.
Pero ademais de avaliar resultados, todos os nosos obxectivos céntranse nas próximas eleccións autonómicas de 2020, nas que temos como meta obter a cuarta maioría absoluta consecutiva no Parlamento de Galicia e revalidar así o Goberno da Xunta.

En definitiva o PPdeG xa
traballa con ilusión e determinación para volver ser merecedores da confianza
maioritaria dos galegos na próxima cita electoral .