domingo, 3 de noviembre de 2019

Eleccións Xerais 10N: En Vilar de Astrés, Velle e O Barco de Valdeorras

En Vilar de Astrés
Comezamos a xornada de hoxe cunha reunión do Comité de Campaña na sede provincial para despois saír a diferentes lugares da provincia. Mentres algúns candidatos desprazáronse a Riós, outros fomos a dúas parroquias do  Concello de Ourense.

Primeiro a Vilar de  Astrés e logo a Velle. En ambos os lugares tivemos un encontro con veciños nos que os interveu primeiramente Jesús Vázquez e despois eu dirixinlles unhas palabras explicando a proposta do Partido Popular e a encrucillada na que está o noso país. 

Pedín un voto responsable que leve a Pablo Casado á Moncloa para que lidere un goberno para todos. 

Finalmente participo no mitin celebrado pola tarde no teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, no que tamén interviron os candidatos ao Congreso, Ana Vázquez e Avelino García, acompañados polo membro da xunta directiva do PPdeG, Francisco Conde.

O número tres ao Congreso, Avelino García Ferradal, afirmou que o Partido Popular de Ourense “é a única formación política que pode presumir de levar nas súas listas e en postos de saída a un valdeorrés”, agradecendo a confianza que de novo depositou o presidente provincial na súa candidatura.

Valdeorras, dixo, “pode ter voz propia e directa no Congreso e pelexar por proxectos tan necesarios como a autovía A76 ou mellora da estrada que une A Rúa con A Gudiña para facilitar o acceso a un servizo de altas prestacións como o AVE.

España, Galicia e Ourense necesitan reunir todo o voto de centro dereita nunha soa papeleta, a do Partido Popular, que xa demostramos sobradamente que somos un partido de goberno”, afirmou pola súa banda a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez.

A candidata destacou que “temos moitos desafíos que atender despois de dezaseis meses de inestabilidade, que de seguir así, porque se non botamos a Sánchez seguiremos así, vannos pasar factura como país”. Vázquez puxo como exemplo a falta dun goberno serio e forte que defenda os intereses dos produtos españois fronte á guerra comercial dos Estados Unidos, sinalando o incremento do 25 % nos aranceis que pagarán produtos como o viño, “e vos sabedes ven nesta comarca o que iso significa”, apuntou en referencia ao viño valdeorrés.

En Velle
O domingo 10 de novembro os ourensáns están chamados ás urnas para contribuír á procura dun goberno estable para España, “por iso desde o Partido Popular estamos a pedirvos o voto, xa que escoller outra opción que non sexa a papeleta do PP significa votar a Sánchez”. O presidente provincial popular, Manuel Baltar, fixo hoxe unha chamada ao “voto intelixente”.

Manuel Baltar afirmou que “o día 10 iremos ás urnas coa intención de gañar un goberno do PP para España, e aí estará a comarca de Valdeorras para axudar nese obxectivo”. Unha victoria popular, dixo o presidente provincial, “que vaille demostrar a Sánchez que por riba de todo sempre están os intereses de país e dos cidadáns, e non unha estratexia partidista e de división”.

Precisamente, advertiu, “iso é o que queren os socialistas, que se divida o voto porque só así teñen posiblidades de gañar”. Un presidente “de oito meses e medio, que non foi quen de conseguir pactar pola súa ansia persoal de poder, todo o contrario que o Partido Popular, que con altura de miras e diante dunha nova situación política soubo pactar na Deputación de Ourense, no Concello de Ourense e mesmo no veciño Concello da Rúa”.
En O Barco

  Comezamos a xornada de hoxe cunha reunión do Comité de Campaña na sede provincial para despois saír a diferentes lugares da provincia. Mentres algúns candidatos desprazáronse a Riós, outros fomos a dúas parroquias do  Concello de Ourense.

Primeiro a Vilar de  Astrés e logo a  Velle. En ambos os lugares tivemos un encontro con veciños nos que os interveu primeiramente Jesús Vázquez e despois eu dirixinlles unhas palabras explicando a proposta do Partido Popular e a encrucillada na que está o noso país. Pedín un voto responsable que leve a Pablo Casado á Moncloa para que lidere un goberno para todos. Finalmente participo no mitin celebrado pola tarde no teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, no que tamén interviron os candidatos ao Congreso, Ana Vázquez e Avelino García, acompañados polo membro da xunta directiva do PPdeG, Francisco Conde.