Hoxe as 0,00 horas comezou a campaña electoral. En Ourense
os partidos políticos fixemos a pegada dos carteis no Parque de San Lázaro.
No
caso do PP, Manuel Baltar, Jesús Vázquez, Ana Vázquez e Miguel Viso pegaron os
nosos carteis.
En Santiago o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu
aos galegos que se unan nun voto esixente para que volva a estabilidade a
España e se cumpra coa nosa Comunidade. Porque, segundo apuntou, o que precisa
Galicia son certezas e compromiso por parte do próximo Goberno.
Incidiu en que os españois non son os
culpables do que está pasando en España, pero que si teñen a solución: votando
o próximo 10 de novembro por todo o que os une e para que as cousas cambien.
Non teñen a culpa dos problemas creados ao
sector industrial, da inestabilidade política provocada polo egocentrismo e a
frivolidade nin dunha campaña electoral permanente e nin tampouco de que unha
minoría nacionalista e independentista poidan condicionar a convivencia e o
Goberno de todos.
Feijóo sinalou que, se
as eleccións de abril estiveron motivadas por un Executivo incapaz de gobernar
e de aprobar presupostos, as de agora estarán motivadas, ademais, pola
incapacidade de formar Goberno. Un fracaso, engadiu, que o próximo 10 de
novembro ten que ser só dos seus responsables. E sostivo que o PP sae a gañar pola estabilidade, a
economía, o emprego, os traballadores da nosa industria, os servizos públicos e
as familias. Neste punto, recordou que a división nas últimas
Eleccións Xerais, que favoreceu ao que PSOE gañase, fixo que todos os españois
acabasen perdendo.
Feijóo referiuse ao programa que a Comunidade
precisa do próximo Goberno e que a Xunta presentou no día de hoxe. Unha folla
de ruta ineludible, explicou, leal á nosa Comunidade e a España: “Galicia pide
porque Galicia fai e Galicia esixe porque Galicia cumpre”.
O líder dos populares
galegos recalcou que o que precisa España, despois de meses de promesas e
cálculos electorais, é xestión, un presidente e un Goberno que volva ser
activo.
Por iso, subliñou que se todos os que queren estabilidade, políticas rigorosas e eficaces ante a desaceleración e un Goberno que non teña que deberlle nada ao nacionalismo nin ao independentismo unen o seu voto, a vitoria será de todos os españois, porque España volverá a funcionar.
Por iso, subliñou que se todos os que queren estabilidade, políticas rigorosas e eficaces ante a desaceleración e un Goberno que non teña que deberlle nada ao nacionalismo nin ao independentismo unen o seu voto, a vitoria será de todos os españois, porque España volverá a funcionar.
Para rematar, o
presidente dos populares galegos asegurou que o que está a suceder en España
non é irremediable e que Galicia é a mostra de que a alternativa sólida e clara
no PP é real, xa que é cumprimento do deber, responsabilidade e estabilidade:
“Canto mellor lle iría a Cataluña e a España cun Goberno como o de Galicia”.