Como dicía onte neste blog,
os
deputados proclamados electos do Partido Popular de Ourense despois de
presentar no Congreso as credenciais, para
XIV Lexislatura, anunciamos que temos preparada unha ampla axenda de
traballo que pasa, en primeiro lugar, pola presentación -a partir do 4 de
decembro - dunha batería de iniciativas nas que esixirán ao goberno en funcións
a adopción de decisións en temas de interés xeral e moi especialmente galego e
ourensán.
Neste sentido impos reclamar ao goberno que de inmediato sexan
solucionados os problemas xerados polos contínuos desprendementos de pedras e
noiros no tramo da estrada N-120, entre Os Peares e Ourense, que permanece
aínda hoxe cortada. Resuta imprescindible dar unha solución definitiva e o
primeiro é executar a maior brevidade as obras de emerxencia para a reapertura,
pero tamén aprobar inmediatamente o proxecto de implantación de carriles de
adiantamento entre os puntos quilométricos 548,800 e 564,000, unha actuación que
está claramente demorada.
No mesmo sentido, celebro que hoxe a deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez veña de
rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se
demanda ao Ministerio de Fomento que adopte as medidas definitivas que permitan
garantir a seguridade viaria na estrada
N-120 no tramo entre Ourense e Monforte, como a dotación de carrís
adicionais que eliminen os riscos existentes na actualidade e a consolidación
definitiva dos noiros das marxes desta estrada.
Julia
Rodríguez lembra que o tramo da estrada N-120 entre Monforte e Ourense “vén
sufrindo desprendementos desde hai anos, provocando accidentes de diversa
consideración e riscos para o conxunto dos usuarios”. Esta situación levou a
que se construíran muros de contención ou valos metálicos de separación da
calzada respecto dos taludes, ademais de sinalar o risco de desprendementos.
Neste
sentido, a deputada popular recorda que o pasado ano producíronse varios derrubes,
entre eles un dun noiro que deixou un ferido e danos en dous vehículos e outro
que obrigou a cortar un carril e regular o paso alternativo cun semáforo.
“A
comezos deste mes de novembro volveu producirse un novo derrubamento de pedras
de gran tamaño que obrigou a desviar o
tráfico pola antiga N-120 durante case oito quilómetros, no caso dos turismos,
e por Chantada, no caso dos vehículos pesados”, sinala.
Rodríguez
explica que “as ladeiras laterais que delimitan esta vía presentan unha forte
pendente, con rocas que sobresaen e que, por efecto dos axentes meteorolóxicos,
chegan a desprenderse, sendo insuficientes as mallas metálicas para contelas,
cando o seu peso e tamaño é considerable”. Ademais, considera “evidente que os
traballos de afianzamento levados a cabo tras os sucesivos derrubamentos
sufridos nesta estrada non teñen servido para consolidar unha ladeira que
representa un enorme risco de desplome para os usuarios da N-120 entre Os
Peares e Ourense”.
Diante
desta situación, a deputada popular solicita que o Ministerio de Fomento adopte
as medidas definitivas que permitan garantir a seguridade viaria nesta estrada
no tramo comprendido entre Monforte e Ourense, “tendo presente que se ten
encargado a redacción dun proxecto para a dotación de carrís adicionais e a
necesidade de incluír medidas de consolidación dos noiros da estrada”.