miércoles, 27 de noviembre de 2019

O Parlamento Europeo aproba á Comisión Von der Leyen


Concluído o proceso de audiencias aos comisarios, o pleno do Parlamento Europeo deu hoxe o seu visto e prace á nova Comisión Europea.

Tras a presentación de  Ursula  von  der  Leyen do seu equipo de comisarios ante o pleno, os eurodeputados confirmaron en votación nominal o seu respaldo ao colexio de comisarios no seu conxunto, con 461 votos a favor, 157 en contra e 89 abstencións.

Duante a súa intervención ante a Cámara, a presidenta electa reiterou a maioría dos compromisos asumidos en xullo, e polos candidatos a comisario ao longo do proceso de audiencias.  Asegurou que a UE contará co investimento e a lexislación apropiada para liderar internacionalmente en ámbitos como a protección ambiental e o cambio climático, o crecemento, a inclusión, a innovación e dixitalización, a protección da democracia, os valores europeos, os dereitos dos cidadáns e o Estado de dereito.

Tamén confirmou un cambio de competencias que os eurodeputados solicitaran durante as audiencias aos candidatos a comisarios.

Antes da votación, os grupos políticos reuníronse brevemente para decidir o sentido do seu voto. Os líderes dos grupos interviñeron a continuación ante o pleno, entre eles a portavoz do PP no Parlamento Europeo,  Dolors Montserrat, que asegurou que “a nova Comisión Europea debe traballar por unha Europa máis forte, unida e segura que sexa útil para os cidadáns”.

Montserrat lembrou a importancia de impulsar unha Europa “máis forte para que creza economicamente e cre emprego; unida desde o Estado de dereito para facer fronte aos nacionalismos e populismos que a ameazan, e máis segura para que defenda as nosas fronteiras exteriores, loite contra o terrorismo e defenda as democracias no mundo”.

En concreto,  Dolors Montserrat pediu á nova Comisión que cre emprego -xa que esta é a mellor política social-, que apoie aos autónomos e emprendedores, e tamén aos mozos para que teñan oportunidades.

Ademais, defendeu a necesidade de que o executivo comunitario impulse a agricultura, a gandería e a pesca europeas, coidando ademais o mundo rural.

Tamén, que se traballe intensamente para afrontar o reto demográfico, liderar a revolución dixital e seguir liderando en Europa a loita contra o cambio climático sen que a economía perda competitividade.

“Se somos útiles, os europeos sentirán mellor representados, por iso temos o gran reto de construír a Europa das persoas, sen deixar a ninguén atrás”, lembrou, antes de engadir que isto só conseguirase “cunha xestión máis próxima e con menos burocracia”

“Estou convencida de que a nova Comisión e a súa presidenta estarán á altura. Contan con todo o meu apoio. Os seus éxitos serán os de todos os europeos”, concluíu a portavoz popular no Parlamento Europeo.

A representación feminina na Comisión é a máis elevada da súa historia. Ademais da presidenta, o novo equipo contará con 11 mulleres e 15 homes.

Tras a luz verde do  PE, a nova Comisión Europea debe ser nomeada formalmente polos xefes de Estado e de Goberno. O seu mandato de cinco anos comezará o 1 de decembro.

Parabéns aos novos Comisarios e moi especialmente ao noso compatriota, o actual ministro de asuntos exteriores, Josep Borrell que será o Alto Representante da UE para a Política Exterior e de Seguridade Común.