Tras a presentación
de Ursula von
der Leyen do seu equipo de
comisarios ante o pleno, os eurodeputados confirmaron en votación nominal o seu
respaldo ao colexio de comisarios no seu conxunto, con 461 votos a favor, 157
en contra e 89 abstencións.
Duante a súa
intervención ante a Cámara, a presidenta electa reiterou a maioría dos
compromisos asumidos en xullo, e polos candidatos a comisario ao longo do
proceso de audiencias. Asegurou que a UE
contará co investimento e a lexislación apropiada para liderar
internacionalmente en ámbitos como a protección ambiental e o cambio climático,
o crecemento, a inclusión, a innovación e dixitalización, a protección da
democracia, os valores europeos, os dereitos dos cidadáns e o Estado de
dereito.
Tamén confirmou un
cambio de competencias que os eurodeputados solicitaran durante as audiencias
aos candidatos a comisarios.
Antes da votación,
os grupos políticos reuníronse brevemente para decidir o sentido do seu voto.
Os líderes dos grupos interviñeron a continuación ante o pleno, entre eles a
portavoz do PP no Parlamento Europeo,
Dolors Montserrat, que asegurou que “a nova Comisión Europea debe
traballar por unha Europa máis forte, unida e segura que sexa útil para os
cidadáns”.
Montserrat lembrou
a importancia de impulsar unha Europa “máis forte para que creza economicamente
e cre emprego; unida desde o Estado de dereito para facer fronte aos
nacionalismos e populismos que a ameazan, e máis segura para que defenda as
nosas fronteiras exteriores, loite contra o terrorismo e defenda as democracias
no mundo”.
En concreto, Dolors Montserrat pediu á nova Comisión que
cre emprego -xa que esta é a mellor política social-, que apoie aos autónomos e
emprendedores, e tamén aos mozos para que teñan oportunidades.
Ademais, defendeu a
necesidade de que o executivo comunitario impulse a agricultura, a gandería e a
pesca europeas, coidando ademais o mundo rural.
Tamén, que se
traballe intensamente para afrontar o reto demográfico, liderar a revolución
dixital e seguir liderando en Europa a loita contra o cambio climático sen que
a economía perda competitividade.
“Se somos útiles,
os europeos sentirán mellor representados, por iso temos o gran reto de
construír a Europa das persoas, sen deixar a ninguén atrás”, lembrou, antes de
engadir que isto só conseguirase “cunha xestión máis próxima e con menos
burocracia”
“Estou convencida
de que a nova Comisión e a súa presidenta estarán á altura. Contan con todo o
meu apoio. Os seus éxitos serán os de todos os europeos”, concluíu a portavoz
popular no Parlamento Europeo.
A representación
feminina na Comisión é a máis elevada da súa historia. Ademais da presidenta, o
novo equipo contará con 11 mulleres e 15 homes.
Tras a luz verde
do PE, a nova Comisión Europea debe ser
nomeada formalmente polos xefes de Estado e de Goberno. O seu mandato de cinco
anos comezará o 1 de decembro.
Parabéns aos novos Comisarios e moi especialmente ao noso compatriota, o actual ministro de asuntos exteriores, Josep Borrell que será o Alto Representante da UE para a Política Exterior e de Seguridade Común.