O PP de Galicia foi o partido máis votado nestas eleccións en Galicia. Grazas aos 470.041 galegos que o votaron (un 4,5% máis que con respecto ao mes de abril), acadou 10 deputados e 11 senadores.
Con respecto aos comicios do mes de abril, o PPdeG, pasou do 27,4% ao 31,94% do votos, de 9 a 10 deputados e de 8 senadores a 11 senadores. Pola contra, o PSdeG ten menos votos que o PPdeG (460.213), acadou 10 deputados e 5 senadores. Pola súa banda, Podemos acadou 2 escanos e o BNG, 1.
Isto é: o PPdeG acadou 21 actas, o PSdeG, 15; Podemos 2 e o BNG, 1.
Galicia é unha das tres comunidades nas que o Partido Popular foi primeira forza e é a que mellor resultado obtivo de todas elas.
O PP mellorou os seus resultados en toda España: incrementou máis de medio millón de votos e mantense como segunda forza. O PP é o único partido de centro que hai neste momento en España.
Melloráronse os resultados con respecto a abril, pero penalizou de novo a división do voto de centro-dereita: preto de 180.000 votos en Galicia a VOX e a Ciudadanos quedaron sen escano.
Con estos resultados, en Galicia está garantida a estabilidade, a gobernabilidade e o funcionamento das institución: seguirase tramitando os orzamentos, tomando medidas de apoio ás familias, intentando que os galegos teñan a mellor sanidade pública, a mellor educación e os mellores servizos sociais, apoiando os emprendedores, actuando con responsabilidade e ao servizo dos galegos e con lealdade a España.
Os galegos teñen e terán un seguro de estabilidade política na Xunta e unha lexislatura tranquila e segura, cun Goberno que continuará gobernando.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta