Onte
centramos a actividade de campaña na cidade de Ourense, con presenza na carpa
que instalamos na rúa do Paseo e
percorrendo varios grupos de afiliados e simpartizantes as rúas dos diferentes barrios.
Tivemos un
encontro con mulleres integradas na asociación de Viúvas de Ourense nas que
abordamos a problemática que afecta a este importante colectivo.
Logo tivemos
no local da asociación veciñal de O Couto, un mitín no que falou o presidente
do distrito Aurelio Gómez Villar e Jesús Vázquez.
Pola miña
parte pedín non volver picar no mesmo anzol do PSOE da división do voto posto que nin VOX nin
Ciudadanos terán escanos en Ourense polo que os votos a
estas formacións favorecen aos socialistas, a Podemos e aos nacionalistas. E que unindo forzas no Partido Popular ningún voto para un Goberno distinto quedará
sen representación nas Cortes Xerais xa que todos sumarán.
Por todo isto, incidín en non caer na estratexia dos
que buscan que se divida o voto porque, do contrario, repetirase na nosa provincia o mesmo que sucedeu
o pasado mes de abril - 30.000 votos sen escano - e non sairán as contas.
Dixen que
temos a confianza de poder gañar estas eleccións
e que poida haber un Goberno diferente, estable, serio e que afronte os nosos
grandes desafíos, especialmente a desaceleración da economía.
Lembrei que o país precisa
dun Goberno como o que temos na nosa Comunidade pero, á vez, Galicia, e Ourense
tamén necesita dun Executivo de España que a respecte, que cumpra e que a teña
en consideración.