Visito esta mañá en Expourense Sportur Galicia 2019 o III Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra desde onte e ata hoxe.
Trátase dun evento único que conxuga turismo e deporte con educación e coa adopción de hábitos saudables que poidan mellorar a nosa calidade de vida. A finalidade é ofrecer novas opcións aos que xa practican deporte e animar aos demais a que tamén o fagan. Para conseguir isto, o salón conta cun completo programa que supera o cento de actividades.
As 36 federacións e asociacións e clubs deportivos presentes en Sportur Galicia realizandistintas actividades. Os deportes que estarán representados nesta cita son: ciclismo; escalada; atletismo; slalom para deporte adaptado; marcha nórdica; zoa e baile; ximnasia rítmica; voleibol; kung- fu; deportes náuticos (piragüismo, remo, kayac e Canoa, vela, etc.); pitch and putt; mini basket; rugby; taekwondo; halterofilia; baloncesto; esgrima antiga; kickboxing; xadrez; pentatlón moderno; tiro virtual; tiro con arco, etc.
Moitos deles aproveitaron a súa presenza en Sportur para organizar campionatos a nivel provincial e autonómico. Destacan ademais as actividades do programa “ Xogando Atletismo” organizadas pola Federación Galega de Atletismo que convocarán por centos de deportistas de varios centros educativos.
Ademais Sportur foi o punto de entrega de dorsais para os que pensamos particpar na XLIII Carreira Popular de San Martiño, que conta con preto de 11.000 rexistrados.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta