Informa hoxe o Ministerio de Fomento que está a actuar na Rede de Estradas do Estado para facer fronte ás nevadas que se están producindo e as previstas nas Comunidades de Asturias, Cantabria, Castela e León, Cataluña e Galicia para hoxe xoves 14 e mañá venres 15 de novembro de 2019.
Dá conta que ara afrontar estes fenómenos, o Ministerio de Fomento conta con 771 equipos quitaneves e unha capacidade de almacenamento de 148.914 toneladas de fundentes.
Hoxe mesmo con ocasión dunha viaxe que debín realizar no meu vehículo puiden constatar a adversa climatoloxía cando circulaba pola A-8 Autovía do Cantábrico polo Alto do Fiouco, un punto a 698 m de altitude. Néboa non demasiado intensa pero se unha intensa choiva, frío e moito vento. Esta foto acredítao.
Convén circular polas estradas extremando as medidas de prudencia e seguir os avisos da Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET), e da DXT e confíamos no bo facer dos medios do Ministerio de Fomento.
- Información DGT: http://infocar.dgt.es/etraffic/
- Cuenta de Twitter de la DGT: @DGTes
- Información AEMET: http://meteoruta.aemet.es/p_index.html
- Cuenta de Twitter de la Aemet: @AEMET_Esp