Hoxe é o último día en que permanece interrompido
o tráfico ferroviario na liña de ancho convencional Zamora-Ourense debido
ás obras de construción da LAV Madrid-Galicia en
diversos puntos do trazado. Unha situación que ven desde o pasado día 5 de novembro.
Esta tarde visito as obras nalgúns
puntos do tramo Taboadela-Ourense no que fixéronse traballos relacionados coa implantación do ancho de vía
estándar neste traxecto, dun 16 km de lonxitude, o que permitirá a chegada da
alta velocidade á cidade de Ourense. As principais actuacións que foran anunciadas eran seguintes:
- Substitución do actual encravamento
eléctrico de Taboadela por un electrónico.
- Instalación de novos elementos de
sinalización na estación de Taboadela e o tramo Taboadela-Ourense.
- Implementación do bloqueo tipo BAU (Bloqueo
Automático en vía Única) entre Taboadela e Ourense, con novo
recantonamento do traxecto.
- Adaptación do actual bloqueo BAU entre
Paderne e Taboadela.
- Actualización do Control de Tráfico
Centralizado (CTC) de Ourense, para adaptalo ás novas instalacións.
- Renovación total da vía xeral entre os puntos
quilométricos 233/867 e 235/200.
- Adecuación das rasantes en todas as vías de
apartado de Taboadela e substitución do carril nas devanditas vías por
carril UIC 54.
- Rebaixe da plataforma actual en diversos
puntos do tramo Taboadela-Ourense.
- Colocación de manta antivibracións na
plataforma do túnel nº 95.
- Reforzo do taboleiro do viaduto do Miño
(Ourense capital).
- Outros traballos de tratamento de túneles,
noiros e drenaxes existentes.
Esta tarde nas proximidades da estación de
Taboadela había un amplo movemento de persoal e de medios traballando e
preparando a vía para a sua inminente reapertura á circulación.
Recibirá resposta