miércoles, 6 de noviembre de 2019

Licitada a redacción de proxectos para a ampliación a 750 m de vías de apartado en estacións do tramo León-Monforte

Coñecemos onte que ADIF licitou, por un importe de 1.086.462,64 euros (IVE incluído), o contrato para a redacción dos proxectos de construción da ampliación de vías de apartado ata 750  m de lonxitude útil en varias estacións do tramo León-Monforte de Lemos, na liña de ancho convencional León-A Coruña.

As estacións incluídas no proxecto son as de Astorga,  Brañuelas, Albares, Ponferrada,  Quereño,  Vilamartín de Valdeorras e Pobra do Brollón. Nesta última, ademais, suprimirase un paso a nivel.

O obxectivo desta actuación é ampliar ata 750  m una das vías nas estacións mencionadas co fin de que os trens de mercadorías da devandita lonxitude poidan quedar apartados nela, deixando libre a vía xeral, dado que a liña León-A Coruña está configurada en vía única.

Para o desenvolvemento dos traballos prevese unha análise de funcionalidade previo, que confirmará as estacións seleccionadas e servirá de base para coordinar os traballos co resto de subsistemas implicados (electrificación, control de tráfico e sinalización, etc.).

Afirma  Adif que con este proxecto preténdese potenciar o tráfico de mercadorías no corredor León-Monforte de Lemos-Porto de Vigo, facendo posible a circulación de trens de ata 750  m de lonxitude.

Ademais, atópanse en redacción de proxecto outras actuacións de ampliación en Vigo Guixar,  Apartadero de  As Gándaras, Tui, Filgueira, Barbantes, Os  Peares e Monforte de Lemos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta