O novo equipo
de comisarios europeos, elixidos polo Parlamento Europeo onte 27 de novembro de
2019, inclúe a 12 mulleres e 15 homes, un aumento en comparación coa Comisión
anterior, liderada por Jean-Claude Juncker, que tiña só nove comisarias cando
arrincou o seu mandato en 2014.
Unha muller á
fronte da CE
Ademais, por primeira vez, a presidenta da
Comisión tamén é unha muller: a alemá
Ursula von der
Leyen, que xa obtivo a aprobación do Parlamento para o posto en xullo.
Experiencia
A maioría dos
comisarios foron ministros nos seus
gobernos nacionais no pasado e nove deles foron
membros do Parlamento Europeo.
Este é o caso
do representante español, Josep Borrell, que ocupará desde o 1 de decembro o
cargo de Alto Representante da UE para a Política Exterior e de Seguridade
Común. Borrell é na actualidade ministro de Exteriores en funcións en España e
foi presidente do Parlamento Europeo durante a primeira parte da lexislatura
2004-2009.
Idades dos
comisarios
O comisario
máis novo é o lituano Virginijus Sinkevičius, de 29 anos, mentres que o máis
maior é precisamente Borrel, de 72.
Avaliación do
Parlamento Europeo
Antes de dar o
seu visto e prace final ao conxunto da Comisión Europea, o Parlamento avaliou
de forma individual a cada comisario nun proceso de audiencias públicas
individuais que se estendeu de setembro a novembro. Este procedemento ten por
obxectivo garantir a idoneidade dos comisarios para os seus postos e que o
organismo executivo da UE teña a lexitimidade democrática necesaria para actuar
en interese dos europeos.
Recibirá resposta