jueves, 28 de noviembre de 2019

Máis mulleres que nunca e moita experiencia política na nova Comisión Europea



O novo equipo de comisarios europeos, elixidos polo Parlamento Europeo onte 27 de novembro de 2019, inclúe a 12 mulleres e 15 homes, un aumento en comparación coa Comisión anterior, liderada por Jean-Claude Juncker, que tiña só nove comisarias cando arrincou o seu mandato en 2014.

Unha muller á fronte da CE
Ademais, por primeira vez, a presidenta da Comisión tamén é unha muller: a alemá  Ursula  von  der  Leyen, que xa obtivo a aprobación do Parlamento para o posto en xullo.

Experiencia
A maioría dos comisarios foron  ministros nos seus gobernos nacionais no pasado e nove deles foron  membros do Parlamento Europeo.

Este é o caso do representante español, Josep Borrell, que ocupará desde o 1 de decembro o cargo de Alto Representante da UE para a Política Exterior e de Seguridade Común. Borrell é na actualidade ministro de Exteriores en funcións en España e foi presidente do Parlamento Europeo durante a primeira parte da lexislatura 2004-2009.

Idades dos comisarios
O comisario máis novo é o lituano  Virginijus  Sinkevičius, de 29 anos, mentres que o máis maior é precisamente  Borrel, de 72.

Avaliación do Parlamento Europeo
Antes de dar o seu visto e prace final ao conxunto da Comisión Europea, o Parlamento avaliou de forma individual a cada comisario nun proceso de audiencias públicas individuais que se estendeu de setembro a novembro. Este procedemento ten por obxectivo garantir a idoneidade dos comisarios para os seus postos e que o organismo executivo da UE teña a lexitimidade democrática necesaria para actuar en interese dos europeos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta