O PSOE foi o partido vencedor nas eleccións de onte pero non reforzou a súa posición tras a nova chamada ás urnas, pola contra os 123 escanos de abril convertéronse agora en 120, perdendo máis de 760.000 votos. Aínda que continúa sendo a lista máis votada, debería abrir un período de reflexión e, como mínimo, tería que ofrecer desculpas, xa que levou ao país a unhas segundas Eleccións Xerais este ano, tras as que se profundizou aínda máis o bloqueo. O fracaso de Pedro Sánchez non poder ser o fracaso dunha nación.
O PP liderado por Pablo Casado conseguiu 88 escanos (22 deputados máis), gaña 646.216 votos e lidera claramente a oposición.
Vox chegou aos 52 escanos (28 deputados máis) e convértese en terceira forza.
Podemos e as súas confluencias retroceden sete escanos para quedar en 35, perdendo 653.960 votos.
Cidadáns queda con dez deputados perdendo 47 escanos, equivalentes a uns 2,5 millóns de votos.
A fragmentación política é evidente e fará moi complicada a gobernabilidade do país. Toca, pois, maior
responsabilidade neste panorama incerto.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta