Participo
esta mañá, vía telefónica desde Ourense no faladoiro do
programa Voces de Galicia
de Radio Voz, que moderou Antía Díaz e no que estivo tamén María Luz Canal.
Como
tema principal abordamos a folga convocada por un colectivo
denominado Asamblea de Áreas Sanitarias (AAS), que afectará a determinado personal de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.
Dixen
que respetando o lexítimo dereito de folga, o certo e que a Xunta e o Sergas
están dando resposta na nosa Comunidade a un problema de prestación do servizo na atención primaria que é de ámbito nacional e
afecta a todo o sistema nacional de saúde.
Lembrei
que o 98,8% das accións a curto prazo comprometidas polo Sergas no Plan Galego
de Atención Primaria 2019-2021 están xa finalizadas ou en marcha, e a execución
alcanza o 100% nas actuacións das liñas estratéxicas orientadas á dotación de
recursos humanos no primeiro nivel asistencial e ao reforzo da formación e
docencia.
Que en materia de
recursos humanos estase a cumprir o compromiso de maior estabilidade, coa
incorporación na oferta de emprego deste ano de 537 prazas do ámbito específico
da Atención Primaria, entre as que se atopan 254 de médicos de familia, 93 de
pediatras e 48 de enfermeiras especializadas.
Neste sentido dixen
que o DOG do 12 de novembro publica, o nomeamento dos 241 aspirantes
seleccionados na última oferta pública de emprego da categorías de médico de
familia de atención primaria. Eles disporán do prazo dun mes, a contar desde o
día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia,
para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de decembro
próximo.
Finalmente
en relación coas queixas pola dotación económica para a atención primaria
lembrei que a Xunta de Galicia vai destinar nos orzamentos de
Galicia a Sanidade 4.109,6 millóns de euros para o ano 2020. Trátase da partida
orzamentaria máis alta na historia da Consellería e supón un 40,5% do total do
presuposto do Goberno galego. Desta cantidade, o 32%, uns 1.300 millóns, serán
para a Atención Primaria.
Adicamos
tamén uns minutos ás negociacións para unha investidura, afectadas onte polas declaracións desafiantes do dirixente de ERC, Gabriel Rufián, que presumía de “poñer e quitar
gobernos, e reclamaba unha negociación entre executivos de igual a igual” “
Reclamei
ao PSOE transparencia nestas negociaciones cos
separatistas e a Sánchez que non vulnere a constitución cedendo en temas que
corresponden á soberanía nacional. E lembrei que ten outras
fórmulas para buscar a gobernabilidade de España.
Dixen compartir as palabras de onte
do presidente Alberto Núñez-Feijóo - no programa televiso de Ana Rosa - asegurando
que “se Sánchez quere falar dun acordo constitucional na rúa Génova collen o teléfono e poñémonos a falar diso. Se o señor
Sánchez, o único que quere é humillarnos, ningunearnos e arrinconarnos, non o imos a facer. Se o PSOE deixa sen efecto o disparate de ERC que expón unha mesa de gobernos. Pero isto que é? Que lexitimidade ten este goberno para tomar decisións que afectan os galegos, aos andaluces, aos vacos? Se queren falar como partidos alá vostedes, pero entre gobernos?..Aquí estase rompendo os 40 anos de transición e de Constitución española para abrir un novo período constituínte"
Recibirá resposta