Aproveito
esta tarde para ver o estado das obras de construción do cambiador
de ancho de Taboadela que foron adxudicados en novembro de 2018 por un
importe de 5.131.669,87 euros (IVE incluído) á empresa Acciona Construción.
Contrato que inclúe a montaxe de vía no ramal de conexión entre a
LAV Madrid-Galicia e a liña convencional Zamora-Ourense, así como os traballos
de reordenación da praia de vías na estación de Taboadela.
Una solución que permitirá a conexión da LAV Madrid-Galicia, ao final do tramo Ponte Ambía-Taboadela, coa liña convencional Zamora-Ourense, para favorecer a continuidade das circulacións ata esta cidade mentres se tramita e constrúe a denominada Variante Exterior.
Este cambiador está nas inmediacións da estación de Taboadela (para o que se reutilizan parte das instalacións do antigo cambiador de Medina del Campo), que permitirá a circulación de trens de ancho variable pola LAV Madrid-Galicia, de forma que a estación de Ourense poderá recibir trens de calquera ancho e seguirá funcionando como nó ferroviario distribuidor cara a todas as liñas de ferrocarril da Comunidade Autónoma de Galicia.
A
instalación que está en fase construción constará dun foso de 12,4 m x
17 m no que se coloca o cambiador, quedando todo o conxunto no
interior dunha nave metálica. A ambos os dous lados do foso dispóñense dous
tramos de vía embebida de 9,85 e 9,44 m, respectivamente, e 4 m de
anchura.
O cambiador incorpora unha zona para instalacións, situada nunha laxa armada con cinco módulos que albergan os distintos equipamentos.
Estas fotos reflicten o que vin hoxe e constato un gran avance sobre o visto o pasado 1 de setembro de 2019.
http://www.celsodelgado.gal/2019/09/vexoonte-pola-tarde-o-estado-das-obras.html
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta