Onte pola tarde visito o polígono de San Cibrao das Viñas e entrevístome co presidente da Asociación
de Empresarios José Antonio Rodríguez Araújo, o secretario José
Vilarchao e a xerente Yolanda López, na presencia do
alcalde do Concello, Manuel Pedro Fernández.
O motivo principal deste encontro tiña
por finalidade coñecer de primeira man a súa reivindicación, concretada na recente asemblea do día 11 de outubro de 2019, que é dispoñer no Polígono dunha
estación de mercadorías por ferrocarril.
Propoñen os empresarios a súa
localización na área que comprende a chamada Cidade do Transporte, o que favorecería
dun modo evidente a intermodalidade, sendo ademais a zona máis próxima á
actual vía ferroviaria desde a que dáse hoxe servizo á empresa agroalimentaria
Coren por medio dun apartadero-cargadero.
Con esta nova instalación poderíase proporcionar transporte ferroviario ademais da gran empresa antes mencionada a outras de diferentes
sectores: automoción, madeireiro, aceiteiro, formigón, etc. E mesmo cabe pensar
en trasladar aquí os contedores de Sogama que se cargan hoxe na estación de
Taboadela.
E permitiría ademais a construción
desta nova estación, que Adif liberase na estación Ourense- Empalme a zona de
depósito e carga (fundamentalmente de cemento e materiais de construción) que está
claramente infautilizada, e ocupando
unha inxente cantidade de metros cadrados. Esta actuación reportaría grandes
vantaxes de comunicacións e de dotación de espazo público á cidade de Ourense e
tería positivas consecuencias ambientais.
Trasladei a miña vontade de colaborar
como deputado para presentar nesta Lexislatura que acaba de comezar diversas iniciativas en unión da miña compañeira do GPP, Ana Vázquez para que o Ministerio de Fomento ordene un estudo do proxecto desta estación de
mercadorías, que potencie o Polígono Empresarial de maior superficie de
Galicia, que ademais está en fase de ampliación por medio da segregación de
421.000 metros cadrados do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
Argumentaremos entre outros, o feito dos 8.000 postos de traballo
que xera o polígono e as máis de 400 empresas e que tamén nas suas proximidades
existen outros polígonos como o de Pereiro de Aguiar, o citado Parque Tecnolóxico e a Zona
Comercial de Barreiros.
E procuraremos acadar consensos cos outros grupos políticos para sacar adiante este proxecto xá que pensamos que a cooperación política e institucional entre administración é fundamental.
E procuraremos acadar consensos cos outros grupos políticos para sacar adiante este proxecto xá que pensamos que a cooperación política e institucional entre administración é fundamental.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/12/18/empresarios-san-cibrao-quieren-llevar-exigencia-estacion-mercancias-congreso/00031576685629272797481.htm
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/12/19/asociacion-empresarios-san-cibrao-pide/2220040.html
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/12/19/asociacion-empresarios-san-cibrao-pide/2220040.html
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta