Aparece publicado
hoxe no BOE o anuncio de formalización de contratos da Dirección Xeral de
Estradas: ten por obxecto o control e a vixilancia das obras de “Conexión
entre as estradas N-120 e N-536. Tramo. Sobradelo – O Barco de
Valdeorras.” (a coñecida como circunvalación do Barco)
A
data de adxudicación foi o 15 de outubro de 2019. Recibíronse 29 ofertas e
resultou adxudicataria a empresa, ESTEYCO- TECYP.
O
valor da oferta seleccionada foi de 1.112.266,71 euros e o valor da orferta de maior custo foi de 1.293.255,91
euros.
Destacar
que este contrato fora licitado no BOE 24 de abril de 2019 por un valor estimado de 1.911.686,49 euros.
Compre lembrar que o 23 de setembro de 2019 tivo lugar em Valdeorras
para asistir ao acto de inicio das obras da estrada de conexión da N-536 coa
N-120, que presidiu o Delegado do Goberno en Galicia.
Un acto ao que asistín acompañado por concelleiros populares do Concello
do Barco, a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del
Carmen González, e o deputado autonómico Moisés Blanco.
Agardemos que as obras desta circunvalación discurran con normalidade e cumpran os prazos establecidos.
Estaremos vixiantes.