Hoxe sábado Galicia está baixo a influencia dunha profunda borrasca, denominada Fabien, cun enorme temporal de auga e vento.
Así,ocorre en Ourense con chuvascos moi fortes na segunda metade da xornada.
Esta mañá puiden constar o extraordinario caudal do río Miño ao seu paso por Ourense, en nivel de alerta, pois estamos ante a segunda crecida máis alta desde o ano 2000.
Esta mañá puiden constar o extraordinario caudal do río Miño ao seu paso por Ourense, en nivel de alerta, pois estamos ante a segunda crecida máis alta desde o ano 2000.
Coincidín en Oira, con moitas outras persoas que se achegaron para ver a presa de Velle que cunha forza extraordinaria tiña todas as súas comportas abertas. A captación de augas case cuberta e desbordado o río na praia fluvial.
Tamén estiven vendo o rio Loña que tiña un caudal impresionante.
Esperemos que a partir de mañá as precipitacións amainen e as augas volvan ao seu leito.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta