Asisto esta mañá en Madrid ao interesante encontro informativo
organizado por Nova Economía Fórum en Madrid, protagonizado polo vicepresidente
do Banco Central Europeo (BCE), Luís de Guindos que foi presentado polo presidente
da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC), José María Marín
Queimada.
En primeiro lugar dixo De Guindos que a desaceleración
económica da zona euro que comezou en 2018 está a tocar fondo porque os riscos
esperados (un brexit desordenado e a
guerra comercial entre EEUU e Cihina)
non se materializaron. E engadiu que “ven sinais de estabilización a niveis
reducidos” e que “a mediados de 2020 comezará o crecemento económico, o que
permitirá á economía da zona euro crecer por encima do 1,5%.
Manifestou que “aínda que o comercio internacional
está a crecer menos do PIB e que a demanda interna vai mellor”.
Falou logo da
política monetaria do Banco Central e
dixo que a política monetaria despregada polo BCE durante a crise foi un revulsivo
para a economía, asegurando que está tamén detrás da capacidade da eurozona de
crear 11 millóns de postos de traballo desde o inicio da recuperación.
Aínda que
asegurou que o BCE non esgotou a súa capacidade de actuación e aínda podería
abaratar uns tipos que xa están no 0% ou reforzar as medidas de estímulo con
máis programas de compra de débeda, tamén afirmou que agora o que toca é
adoptar unha política fiscal común e reformas estruturais.
“A política
monetaria non pode ser o único elemento de actuación. Así que pedimos
actuacións de política fiscal e en reformas”, indicou, afirmando que, por
exemplo, “nun problema como o do Brexit non se pode actuar con política
monetaria”.
Guindos cominou a que “os Gobernos con marxe fiscal
deben actuar” asegurando que a posta en marcha de políticas fiscais hoxe “non
vai producir o efecto indeseado” que si
se temeu noutros momentos do ciclo. “Non levaría a un incremento de tipos de
interese nin habería unha redución da demanda privada de consumo e investimento”,
dixo.
Durante a
súa exposición considerou, doutra banda, que os resultados das eleccións no
Reino Unidos “son positivos no curto prazo” xa que “eliminan incertezas” e
sabemos que Londres “deixará a Unión Europea o 31 de xaneiro”.