Onte asisto no auditorio de Afundación,
na compostelá rúa de O Preguntoiro á
presentación do libro de Mariano Rajoy 'Unha España mellor', nun multitudinario acto no que tamén interveu o
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O tamén presidente do PPdeG, afirmou que a moderación é "útil para o ben común sempre" e que desde que saíu adiante a moción de censura contra Rajoy, en España a estabilidade que proporcionaba o centro dereita non foi substituída por unha estabilidade de centro esquerda, senón por unha situación de "risco e aventura".
Tamén reivindicou a galeguidade e a forma de ser de Rajoy, a súa defensa do modelo de Estado das autonomías e a súa mestría á hora de buscar o pacto para poder levar adiante a súa tarefa gobernamental.
Rajoy explicou o contido do seu libro no que dá as claves de como tras reflexionar despois de chegar ao Goberno, a realidade das situación grave de España levoulle a adoptar tres decisións que non estaban nas súas previsións: subir os impostos, nacionalizar parte do sistema financeiro e levar a cabo unha importante operación de débeda pública.

Defendeu as reformas acometidas baixo suspresidencia, no laboral e o financeiro e sinalou que España "necesita reformas e non derrogar as que funcionan". E dixo que o Goberno do PSOE en funcións non impulsou reforma algunha e advertiu que "da inercia non se vive demasiado tempo".
Dixo que non había alternativa "se non o fixésemos, España crebaría", e sinalou como un perigo o deixarse levar polos " frívolos" pero tamén polos " doctrinarios".
Reclamou o "consenso nos grandes asuntos de Estado" entre os grandes partidos nacionais. E puxo como exemplo recente a aplicación do artigo 155, que serviu para que os independentistas que non respectaron os procedementos legais "soubesen que a nación ten instrumentos para defenderse cando é atacada, e iso debe tranquilizarnos".
Tamén Rajoy destacou o carácter centrista do Partido Popular, que responde a un “pobo español que é moderado e evita o extremismo".
Recibirá resposta