O Congreso da XIV Lexislatura constitúese o vindeiro martes, 3 de decembro, a partir das 10:00 horas, nunha sesión na que se elixe ao presidente e os membros da Mesa da Cámara. Os parlamentarios elixidos o pasado 10 de novembro seremos chamados un a un para acatar a Constitución, un dos requisitos indispensables para adquirir a condición plena de deputado, de acordo co artigo 20 do Regulamento.
A data e hora da sesión constitutiva fíxase no Real Decreto de Convocatoria publicado o 24 de setembro no Boletín Oficial do Estado e asinado por S.M. o Rey, Felipe VI, co referendo da presidenta do Congreso, Meritxell Batet. No documento disponse a disolución das Cámaras da XIII Lexislatura, ponse día e hora á constitución das novas Cortes Xerais, e determínase a repartición de escanos que corresponden a cada circunscrición.
A sesión constitutiva, cuxo desenvolvemento se regula nos artigos 2 a 4 do Regulamento da Cámara, será presidida por unha Mesa de Idade encabezada polo deputado máis maior, como presidente, e os dous deputados máis novos, como secretarios.
A Presidencia da Mesa de Idade declara aberta a sesión e un dos secretarios le o Real Decreto de convocatoria, a lista de deputados electos e os que poden verse afectados por algunha resolución contencioso-electoral pendente.
As votacións
A continuación, iníciase a elección da Mesa do Congreso da XIV Lexislatura, formada pola Presidencia, catro Vicepresidencias e catro Secretarías. A votación é secreta e realízase en urna por papeleta, co procedemento establecido no artigo 37 do Regulamento da Cámara.
A primeira votación é para decidir quen presidirá a Cámara. Os deputados serán chamados un a un por orde alfabética, e cada parlamentario escribirá un só nome na papeleta. Será elixido presidente quen obteña o apoio da maioría absoluta, 176 deputados. No caso de que non se obteña esa maioría, realízase unha segunda votación entre os dous deputados que obtiveron maior número de votos, e será elixido presidente o que teña máis votos.
A elección dos catro vicepresidentes realízase cunha única votación, na que cada deputado escribe un nome e resultan elixidos, por orde, os que máis votos teñan. O mesmo sistema realízase para a votación dos catro secretarios. Se nalgunha votación houbera empate, celebraranse sucesivas votacións entre os candidatos igualados en votos ata que o empate quede dirimido.
Unha vez elixidos, os membros da Mesa ocupan os seus escanos na Presidencia do Hemiciclo, e o presidente electo, tras prestar promesa ou xuramento de acatar a Constitución, chama un a un, por orde alfabética, ao resto dos deputados para que fagan o mesmo.
Ao acatar a Constitución os deputados cumpren o terceiro dos requisitos establecidos pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e no Regulamento do Congreso, presentar a credencial expedida pola Xunta Electoral correspondente e a declaración de actividades.
O presidente do Congreso dos Deputados para a XIV Lexislatura declara entón constituído o Congreso e levanta a sesión, para despois comunicarllo ao Rey, ao Senado e ao Goberno.
Recibirá resposta
O presidente do Congreso dos Deputados para a XIV Lexislatura declara entón constituído o Congreso e levanta a sesión, para despois comunicarllo ao Rey, ao Senado e ao Goberno.