viernes, 6 de diciembre de 2019

Celebrando en Ourense o XXXXI aniversario da Constitución Española


Participo hoxe pola mańa no Auditorio de Ourense no acto conmemorativo do XXXXI aniversario da Carta Magna e do 36º Concurso da Constitución, que premiou debuxos e redaccións de 1.243 alumnos de 25 centros escolares da provincia de Ourense.

A temática sobre a versaron os debuxos e traballos, céntróuse nos Artigos 1 e 2 do Título Preliminar da Constitución Española, que aluden á constitución de España como un Estado social e democrático de Dereito e á soberanía nacional que reside no pobo, así como á unidade da Nación e ao dereito á autonomía, respectivamente.

No concurso premiáronse un total de 20 debuxos na categoría de Educación Infantil e Primaria e Educación Especial e un total de 20 traballos elaborados polo alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos medios de Formación Profesional.

O acto, foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e contou tamén coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, do presidente da Deputación, Manuel Baltar, de membros do Congreso, o Senado, do Parlamento galego, deputados provinciais, alcaldes, concelleiros ademais doutras institucións locais, xunto con representantes dos ámbitos sociais, da xudicatura, relixioso, militar, funcionarial, empresarial e da cultura.



Destacar finalmente a magnífica actuación da  banda Santádega da la Escola de Música de Coles que se encargou de abrir e pechar o acto coa interpretación do himno galego e español.

Parabéns ao personal da subdelegación do Goberno en Ourense que organizou perfectamente o acto.


Longa vida á Constitución!.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta