Presentación da intervención da Presidenta ADIF o 29.11.2018 |
Lembramos que o 29 de novembro de 2018 a presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, estivo en Ourense no Foro La Región e pronunciou unha
conferencia baixo o título “As dúas caras do AVE. Desenvolvemento da obra e
impacto socioeconómico”.
Nese día a presidenta falou da variante exterior de Ourense e dixo:
“Optouse por
aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, pero hai unha
variante que se fará, que espera pola adecuación dos proxectos á normativa
porque nós pensamos en termos ferroviarios que quedarnos con
14 qm. de vía única na entrada de
Ourense pode, nalgún
momento, condicionar a fiabilidade da liña. Adif ten que ter flexibilidade
para que non haxa incidencias"
E engadiu Pardo de Vera que confiaba en que os
proxectos da variante exterior estean listos en seis meses para proceder á
licitación da primeira fase, de 135 millóns.
Confiando nestas palabras, esperamos os deputados desde
aquela data algúns meses, e así o 7 de marzo de 2019 o Diario Oficial da Unión
Europea publicaba tres anuncios periódicos indicativos, que tiñan por obxecto
reducir prazos de recepción de ofertas.
Ditos anuncios prevían estimativamente a licitación o 1 de
xullo de 2019 dos tramos de plataforma Taboadela-Túnel de Rante, por un
valor de 88 millóns de euros, o Túnel de Rante-Conexión Seixalbo,
por valor de 21 millóns de euros, e o da Conexión Seixalbo-Seixalbo, por
importe de 9 millóns de euros, todos eles co IVE excluído.
Pois ben, nada do anunciado
foi cumprido por ADIF-AV; non se publicou licitación das obras dos tramos antes
mencionados e tampouco deuse polo administrador ferroviario ningunha explicación
sobre as razóns desta demora nin oficialmente nin por vía parlamentaria.
Tampouco tivemos noticia por conduto oficial de que ADIF-AV activara
novas actuacións en relación coa licitación do tramo da variante que vai desde
Seixalbo ata Ourense, e en concreto aquelas que tiñan como obxectivo evitar que a Declaración de Impacto
Ambiental (DIA) do tramo da Variante de Ourense entre Seixalbo e Estación
de Ourense, da LAV a Galicia, que foi aprobada o 25 de novembro de 2011 (BOE
do 10 de decembro) perdera vixencia como consecuencia de que aínda non foron
licitadas as obras.
Compre sinalar ademais que non caben escusas de orde
orzamentario para que fora posible a licitación das obras, xa que por prórroga
orzamentaria, en 2019 están vixentes os Orzamentos Xerais do Estado de 2018
(elaborados polo goberno do PP), nos que ADIF-AV consignaba para esta variante
ferroviaria un total de 3 millóns de euros dentro dun custo total de 635,56
millóns, fixando a súa conclusión en 2024.
Diante desta situación, recentemente
acabamos de presentar nesta XIV
Lexislatura novas preguntas parlamentarias, e tan pronto o Congreso dos
Deputados teña actividade, plantexaremos outras na liña de urxir der inmediato a licitación da variante
exterior porque “Ourense non pode quedarse cunha solución provisional de vía
única “
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/12/28/politica-pp-alerta-licitado-variante-exterior/0003_201912O28C3995.htm?fbclid=IwAR2NTiNqSoc2d39Ds2s9VEI_HWQbJFBbNcZoPyzoC3xVsPG1FZkaFdgRkS4
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/12/28/politica-pp-alerta-licitado-variante-exterior/0003_201912O28C3995.htm?fbclid=IwAR2NTiNqSoc2d39Ds2s9VEI_HWQbJFBbNcZoPyzoC3xVsPG1FZkaFdgRkS4
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/12/28/pp-recuerda-gobierno-adif-incumple/2223615.html
https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/urgen-licitar-variante-exterior-ferroviaria-preve-ourense/idEdicion-2019-12-30/idNoticia-1221219/
https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/urgen-licitar-variante-exterior-ferroviaria-preve-ourense/idEdicion-2019-12-30/idNoticia-1221219/
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta