viernes, 3 de enero de 2020

As afiliacións á Seguridade Social medran en Galicia nos últimos doce meses un 1,41%, sumando 14.152 cotizantes ata chegar a 1.020.259


Coñecemos hoxe os datos da afiliación media á Seguridade Social correspondentes ao mes de decembro de 2019. Estos son os referidos a:

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 1.020.259 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 3.331 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 0,33 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 14.152 ocupados (1,41 %).

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2019 con 789.874 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 209.287 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.098 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 103.265 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 141 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 0,14 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.272 ocupados, (-1,25 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2019 con 79.705 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.560 afiliados medios.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta