viernes, 3 de enero de 2020

Termina 2019 co maior número de afiliados medios á Seguridade Social da historia.


Coñecemos hoxe que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou os 19.408.538 traballadores en decembro, o que supón 31.659 persoas máis que en novembro (0,16 %).

No Réxime Xeral, cuxo número de afiliados ascendeu a 16.076.050, destacou o incremento respecto ao mes anterior no sector do Comercio, reparación de vehículos de motor e motocicletas, con 25.422 afiliados máis, e en Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (19.231).

Doutra banda, a afiliación diminuíu en Construción (-25.763), Hostalería (-14.683) e Industria Manufactureira (-11.450).

O Sistema Especial de Traballadores por conta allea Agrarios, finalizou o mes con 37.891 afiliados medios máis (5,12%), e situouse en 777.865 ocupados. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregadas do Hogar contabilizou 758 afiliadas menos (-0,19%) e rexistrou 396.626 traballadores de media.

O Réxime de Traballadores Autónomos, pola súa banda, rexistrou en decembro 3.269.089 afiliados e o Réxime Especial do Mar 62.115 persoas afiliadas. Finalmente, o Réxime Especial do Carbón contou con 1.284 ocupados de media.
Por comunidades autónomas, o maior incremento no número de afiliados rexistrouse en Andalucía (1,21%), seguida de Castela-A Mancha (0,36%), Madrid (0,35%) e Canarias (0,31%). O maior descenso produciuse en Illas Baleares (-3,61%), seguida de Navarra (-0,47%) e Castela e León (-0,34%).

Crecemento interanual

En termos interanuais, se comparamos decembro do 2019 con decembro de 2018, o Sistema gañou 384.373 afiliados, o que supón un 2,02%.

Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que suma por si só 371.167 traballadores (2,36%). O crecemento alcanza o 2,89% (418.592 afiliados máis) se falamos do Réxime Xeral sen ter en conta os sistemas especiais Agrario por conta allea e do Hogar.

Tamén aumentou o número de afiliados do Réxime Especial de Traballadores Autónomos, que sumou 14.425 persoas ocupadas respecto ao mesmo mes de hai un ano. A taxa interanual situouse en decembro nun incremento do 0,44% neste réxime.

O Réxime do Mar rexistrou 505 traballadores menos no último ano e o Réxime especial do Carbón contabilizou un descenso de 715 afiliados.

A afiliación aumentou en todas as comunidades autónomas no último ano salvo en Estremadura, onde experimentou un  decremento de -0,17%. Destacan os crecementos de Madrid (2,93%), Murcia (2,82%) e Navarra (2,55%). 

Con todo sinalar que a afiliación á Seguridade Social tamén se  desacelerou de forma notable. Aínda que aumentou en 385.000 afiliados máis en 2019, este aumento foi bastante menos notable que os 564.000 de 2018 ou os 611.000 de 2017.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta