Despido onte 2019 correndo a cuarta edición da San Silvestre organizada polo C.D. Aurum coa colaboración do Concellode Ourense e o patrocino de Renault- Luis Aragonés.
Participamos mais de mil de corredores de todas as idades (once categorías) e os maiores correndo un circuíto de cinco quilómetros polo centro da cidade, con saída do Xardín do Posío, Pai Feijoo, Colón, Praza Maior, Barreira,As Burgas, Desengano, Avenida de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Concordia, Santo Domingo, Praza do Ferro, Fornos, Unión, Praza do Trigo, Hernán Cortés,Prieto Nespereira e Lugo.
O gañador da categoría absoluta foi o atleta de Ourense Hector Alvarez cun tempo de 16:17. En mulleres, a gañadora foi Leticia Fernández Barbosa, con 18.50
Unha proba ben organizada que nos deu oportunidade de saudar a amigos e gozar das rúas da nosa querida cidade.
Parabéns.
Parabéns.
Recibirá resposta